Estación da Friela-Maside

apeadoiro ferroviario en Maside

A Friela-Maside é un apeadoiro ferroviario de Adif situado en Maside, provincia de Ourense. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

A Friela-Maside
SituaciónMaside
Liñas
Media distanciaRexional

Situación ferroviaria

editar

A estación atópase no punto quilométrico 274,9 da liña férrea de ancho ibérico que une Zamora e A Coruña a 387 metros de altitude, entre as estacións de Ourense-Empalme e O Carballiño.[1] O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

editar

A estación foi inaugurada o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-O Carballiño da liña férrea que pretendía unir Zamora coa Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe, que naceu en 1941. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

En 2010, Adif realizou obras nas instalacións mellorando os accesos para as persoas con discapacidade. Tamén se limpiou e repintou o refuxio.[3]

A estación

editar

A antiga estación da Friela é agora un simple apeadoiro composto por un pequeno refuxio ao que se accede grazas a unha rampla desde a estrada próxima. Só posúe unha plataforma lateral e unha vía. Carece de calquera outro equipamento ou servizo.

Servizos ferroviarios

editar

Media distancia

editar

Actualizado a 20 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
2 MD Santiago de Compostela <> Ourense-San Francisco

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar