Ursula von der Leyen

política alemá, presidenta da Comisión Europea

Ursula Gertrud von der Leyen, nada como Ursula Gertrud Albrecht en Ixelles, Bruxelas, o 8 de outubro de 1958, é unha política alemá, presidenta da Comisión Europea dende 2019. Von der Leyen está afiliada á Unión Demócrata Cristiá (CDU), partido de centro-dereita do cal é unha das vicepresidentas.[1] Foi a primeira muller no cargo de ministra de Defensa de Alemaña, entre 2013 e 2019, despois de liderar os ministerios de Traballo e Asuntos Sociais, entre 2009 e 2013, e de Familia, Terceira Idade, Mulleres e Xuventude, entre 2005 e 2009. É luterana e licenciada en economía e doutora en medicina.[2][3]

Infotaula de personaUrsula von der Leyen

(2020) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Ursula Gertrud Albrecht Editar o valor em Wikidata
8 de outubro de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Ixelles, Bélxica Editar o valor em Wikidata
13ª Presidente da Comisión Europea
1 de decembro de 2019 –
← Jean-Claude Juncker
Membro do Bundestag
24 de outubro de 2017 – 31 de xullo de 2019 – Ingrid Pahlmann →
Lexislatura: 19th German Bundestag (en) Traducir
Federal Minister of Defence (en) Traducir
17 de decembro de 2013 – 17 de xullo de 2019
← Thomas de MaizièreAnnegret Kramp-Karrenbauer →
Membro do Bundestag
22 de outubro de 2013 – 24 de outubro de 2017
Lexislatura: 18th German Bundestag (en) Traducir
Federal Minister of Labour and Social Affairs (en) Traducir
30 de novembro de 2009 – 17 de decembro de 2013
← Franz Josef JungAndrea Nahles →
Membro do Bundestag
27 de outubro de 2009 – 22 de outubro de 2013
Lexislatura: 17th German Bundestag (en) Traducir
Federal Minister of Family Affairs, Senior Citizens, Women and Youth (en) Traducir
22 de novembro de 2005 – 30 de novembro de 2009
← Renate SchmidtKristina Schröder →
Member of the Landtag of Lower Saxony (en) Traducir
2003 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesRose Ladson Editar o valor em Wikidata
ResidenciaBeinhorn (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónHannover Medical School (en) Traducir
Universidade de Münster
London School of Economics
Universidade de Hanover (pt) Traducir
Universidade de Gotinga
European School, Brussels I (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura161 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Hannover
Berlín Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmédica , política , xinete Editar o valor em Wikidata
EmpregadorHannover Medical School (en) Traducir (1998–2002)
Hannover Medical School (en) Traducir (1988–1992) Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUnión Demócrata Cristiá de Alemaña (1990–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá, lingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Deportedeporte ecuestre Editar o valor em Wikidata
Participou en
16 de xaneiro de 2023World Economic Forum Annual Meeting 2023 (en) Traducir
20 de xaneiro de 2020World Economic Forum Annual Meeting 2020 (en) Traducir
22 de xaneiro de 2019Encontro Anual do Forum Económico Mundial de 2019
7 de xuño de 2018Bilderberg Group 2018 (en) Traducir
23 de xaneiro de 2018World Economic Forum Annual Meeting 2018 (en) Traducir
12 de febreiro de 2017Eleição presidencial da Alemanha de 2017 (pt) Traducir
17 de xaneiro de 2017World Economic Forum Annual Meeting 2017 (en) Traducir
9 de xuño de 20162016 Bilderberg Conference (en) Traducir
11 de xuño de 20152015 Bilderberg Conference (en) Traducir
21 de xaneiro de 2015World Economic Forum Annual Meeting 2015 (en) Traducir
18 de marzo de 2012Eleição presidencial da Alemanha de 2012 (pt) Traducir
30 de xuño de 2010Eleição presidencial na Alemanha em 2010 (pt) Traducir
23 de maio de 2009Eleições presidenciais na Alemanha em 2009 (pt) Traducir
World Economic Forum Annual Meeting 2013 (en) Traducir
list of participants in the coalition talks between the CDU/CSU and SPD in 2013 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaVon der Leyen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeHeiko von der Leyen (1986–)
FillosDavid von der Leyen (en) Traducir, Johanna von der Leyen (en) Traducir, Egmont von der Leyen (en) Traducir, Victoria von der Leyen (en) Traducir, Sophie von der Leyen (en) Traducir, Maria Donata von der Leyen (en) Traducir, Gracia von der Leyen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisErnst Albrecht Editar o valor em Wikidata  e Adele Albrecht (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsHans-Holger Albrecht (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesGeorge Alexander Albrecht (en) Traducir (tío) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2164993 Twitter: vonderleyen Instagram: ursulavonderleyen Discogs: 5572739 Editar o valor em Wikidata

En 2 de xullo de 2019, en concorrencia coas eleccións europeas de maio, o Consello Europeo nomeou von der Leyen presidenta da Comisión Europea, decisión que veu ser aprobada polo Parlamento Europeo o 16 de xullo. Von der Leyen, a primeira muller que foi nomeada para o cargo, asumiu as funcións o 1 de novembro de 2019.[4][5]

Traxectoria editar

Familia, educación e profesión editar

Ursula von der Leyen naceu o 8 de outubro de 1958, en Ixelles, Bruxelas, onde viviu ata aos 13 anos. É descendente do Barón Ludwig Knoop, fabricante de panos da cidade de Bremen[6] e empresario de éxito do século XIX. É filla de Heidi Adele Albrecht e de Ernst Albrecht. Creceu con cinco irmáns e unha irmá e, entre 1964 a 1971, asistiu á Escola Europea de Bruxelas I, institución en que estudan moitos fillos de funcionarios comunitarios en Bruxelas.[7] O seu pai foi un dos primeiros funcionarios públicos das institucións europeas, a partir de 1958. Entre 1976 e 1990, o seu pai foi ministro-presidente do estado da Baixa Saxonia.[8]

En 1971, a familia mudouse a Lehrte, na rexión alemá de Hannover, cando o seu pai pasou a ser director executivo da empresa alimentaria Bahlsen. En 1976, rematou o ensino secundario en Lehrte, pasando no exame final (Abitur) en matemáticas e ciencias. Proseguiu estudando economía, entre 1977 e 1980, nas universidades de Göttingen e Münster. Entre 1978 e 1979, no auxe da ameaza de grupos terroristas comunistas na Alemaña Occidental e dada a notoriedade do seu pai, este enviouna a Londres, onde se matriculou na London School of Economics. Alí empregou o pseudónimo de Rose Ladson e tivo protección de Scotland Yard.)[9]

A partir de 1980 e durante sete anos, estudou medicina na Facultade de Medicina de Hannover. Presentou a súa tese de doutoramento en 1991. Foi acusada de plaxio na tese.[10][11][12] Traballou como médica axudante na maternidade da Universidade de Hannover entre 1988 e 1992. Entre 1992 e 1996, viviu en Stanford, California, onde volveu a estudar economía. Ao regresar a Alemaña, foi investigadora axudante en medicina social, facendo investigacións sobre o sistema de saúde no departamento de epidemioloxía da Facultade de Medicina de Hannover, de 1998 a 2002.

Carreira política editar

En marzo de 2003, foi elixida para o parlamento estatal da Baixa Saxonia; en novembro de 2005, foi nomeada ministra de Asuntos Sociais, Mulleres, Familia e Saúde dese estado. En decembro de 2004, converteuse en membro do Consello Federal da CDU, o órgano máis alto do partido conservador. O 17 de agosto de 2005, foi nomeada por Angela Merkel para o equipo de competencia da CDU/CSU nas eleccións federais de 2005, nas áreas de familia e saúde. O 22 de novembro do mesmo ano, Ursula von der Leyen foi designada Ministra Federal de Familia, Anciáns, Mulleres e Xuventude pola chanceler Angela Merkel no seu primeiro goberno.

En febreiro de 2007, provocou, debido a algunhas presións de política familiar (como a esixencia dunha enorme expansión de lugares de xardíns de infancia) debates controvertidos sobre a misión da familia. Os ataques viñeron principalmente do seu propio partido e dalgúns representantes do socio de coalición, a CSU. Pola contra, recibiu apoio, no ámbito do debate, do Presidente Federal e dos políticos de partidos da oposición, especialmente da SPD, de parte da economía alemá e dalgúns representantes da igrexa.

Ministra de Familia editar

Tralas eleccións federais en Alemaña en 2009, cando os partidos concordaran nun acordo de coalición, Ursula von der Leyen foi, o 28 de outubro de 2009, designada unha vez máis ministra de Familia, no segundo goberno de Angela Merkel.

Ministra de Traballo e Solidariedade Social editar

Despois da renuncia do ministro Franz Josef Jung o 27 de novembro de 2009, Ursula von der Leyen asumiu o Ministerio de Traballo e Solidariedade Social, ata o final do período lexislativo en 2013.[13][14]

Mesmo fóra das súas habilidades ministeriais, no medio da crise do euro, en 28 de agosto de 2011, declarou á televisión pública alemá, ARD, que a crise da zona euro só podería superarse fortalecendo a unión política do continente, coa creación dos "Estados Unidos da Europa". A prensa alemá apuntou a Ursula von der Leyen como unha posíbel sucesora de Angela Merkel.[15]

Ministra de Defensa editar

 
Sede da Comisión Europea en Bruxelas.

Despois das eleccións federais o 22 de setembro de 2013, Ursula von der Leyen foi escollida pola chanceler Angela Merkel como a primeira muller na historia da República Federal de Alemaña a liderar o importante Ministerio de Defensa e, con iso, a Bundeswehr, as Forzas Armadas Alemás.[16]

Presidenta da Comisión Europea editar

O 2 de xullo de 2019 o Consello Europeo nomeou a Von der Leyen para o cargo de presidenta da Comisión Europea. O Parlamento Europeo confirmou o seu nome o 16 de xullo de 2019,[4][17] asumindo as funcións o 1 de novembro de 2019.

Predecesor:
Jean-Claude Juncker
  
Presidenta da Comisión Europea
 
2019 -
Sucesor:
'

Vida privada editar

Está casada con Heiko von der Leyen, profesor de medicina, director executivo dunha compañía de enxeñaría médica e membro da familia von der Leyen, unha familia aristocrática de industriais da seda.[18] Coñeceu o seu marido no coro da universidade de Göttingen e teñen 7 fillos: David (1987), Sophie (1989), Donata (1992), as xemelgas Victoria e Johanna (1994), Egmont (1998) e Gracia (1999). Ata o ano 2014 a familia viviu nunha casa preto de Hannover.[19]

Notas editar

  1. Membros do Conselho do partido CDU Arquivado 21 de abril de 2013 en Wayback Machine. recuperado 28 de agosto 2011 (de)
  2. http://www.dw.de/pela-primeira-vez-alemanha-tem-mulher-no-comando-das-for%C3%A7as-armadas/a-17301577
  3. Biografia[Ligazón morta] recuperado 28 de agosto 2011 (en)
  4. 4,0 4,1 Barigazzi, Jacopo; Herszenhorn, David M.; Bayer, Lili (2 de xullo de 2019). "EU leaders pick Germany’s von der Leyen to lead Commission". Consultado o 2 de xullo de 2019. 
  5. sapo.pt. "Alemã Ursula von der Leyen eleita presidente da Comissão Europeia". Consultado o 16-7-2019. 
  6. Bloehte, Holger. "Der denkmalgeschützte Bau drohte zu verfallen: Altes Knoop-Mausoleum für 90000 Euro restauriert". Bild (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2012. Consultado o 22 de xuño de 2016. 
  7. Cabral, Ivo (3 de xullo de 2019). "Así es Von der Leyen, primera mujer al frente de la Comisión Europea". Público. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2019. Consultado o 5 de xullo de 2019. 
  8. [1] Arquivado 04 de outubro de 2015 en Wayback Machine.Fundación Konrad Adenauer, Historia da CDU : Curriculo de Ernst Albrecht, xuño de 2012
  9. Valero, Carmen (2 de xullo de 2019). "Ursula von der Leyen: la primera mujer al frente de la Comisión Europea". El Mundo. Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2019. Consultado o 5 de xullo de 2019. 
  10. Ursula von der Leyen: Kritiker bewerten Arbeit als „eindeutiges Plagiat“, Die Welt, 28 de setembro 2015
  11. Trotz Plagiaten: Darum darf von der Leyen ihren Doktor behalten, Lena Greiner, Matthias Gebauer, Verena Töpper, 9 de marzo 2016, Spiegel Online
  12. "Plagiatsaffäre - Alle Fälle von A-Z | Business And Science" (en alemán). Consultado o 2019-09-09. 
  13. spiegel.de, 27/11/09: Von der Leyen wird Arbeitsministerin, consultado o 27 de novembro de 2009
  14. folha.uol.com.br, 27/11/09: Ministro alemão renuncia após escândalo sobre Afeganistão, consultado o 27 de novembro de 2009
  15. Será a nova ministra da Defesa alemã a sucessora de Merkel? Artigo no "Público" 16 de decembro 2013, recuperado 12 de febreiro 2014
  16. [2]Deutsche Welle : Pela primeira vez, Alemanha tem mulher no comando das Forças Armadas, 17 de decembro 2013
  17. sapo.pt. "Alemã Ursula von der Leyen eleita presidente da Comissão Europeia" (en portugués). Consultado o 16-7-2019. 
  18. "Ursula von der Leyen" (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2016. Consultado o 18 de agosto de 2016. 
  19. "Merkel Succession Beckons After Von der Leyen’s Defense Posting" (en inglés). Consultado o 18 de agosto de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar