Sally Hawkins

actriz británica

Sally Cecilia Hawkins, nada en Londres o 27 de abril de 1976 é unha actriz británica, coñecida polas súas interpretacións de Poppy en Happy-Go-Lucky, Susan en Vera Drake (2004), Sue Trinder na serie da BBC, Fingersmith (2005), Anne Elliot en Persuasion (2007) e Rita O'Grady en Made in Dagenham (2010).[1] Foi candidata ao Oscar polas súas actuacións en Blue Jasmine (2013) e The Shape of Water (2017), polo que recibiu varios premios e candidaturas.[2][3]

Infotaula de personaSally Hawkins

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Sally Cecilia Hawkins Editar o valor em Wikidata
27 de abril de 1976 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Dulwich, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónRoyal Academy of Dramatic Art - Actuación (–1998)
James Allen's Girls' School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de teatro , guionista , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
NaiJacqui Hawkins (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1020089 Allocine: 83617 Rottentomatoes: celebrity/sally_hawkins Allmovie: p319906 TCM: 1018560 TV.com: people/sally-hawkins IBDB: 488368
Instagram: sallychawkins WikiTree: Hawkins-8400 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Hawkins naceu en Dulwich e creceu en Blackheath, filla de Jacquiline Hawkins (de solteira, Sinfield) e Colin Hawkins, autores e ilustradores de libros infantís.[4] Os seus pais teñen ascendencia católica irlandesa.[5] Ten un irmán chamado Finbar Hawkins, produtor cinematográfico.[6]

Comezou a súa carreira como actriz teatral en obras como Romeo e Xulieta, The Cherry Orchard, Much Ado About Nothing e outras.[7] Realizou tamén pequenas aparicións en series de televisión como Casualty and Doctors. Hawkins fixo a súa primeira interpreatción salientable no filme de Mike Leigh de 2002 , All or Nothing, como Samantha. Este foi o primeiro dos tres filmes que Hawkins e Leigh fixeron xuntos; o segundo foi Vera Drake (2004).[8]

Prestou tamén a súa voz a moitas series de como Concrete Cow. En 2007, interpretou a Anne Elliot no filme para televisión Persuasion, baseado na obra de Jane Austen, na que a súa interpretación foi ben recibida pola crítica. No mesmo ano fixo un papel secundario no filme Cassandra's Dream. Hawkins reuniuse con Leigh por terceira vez na comedia Happy-Go-Lucky, e a súa actuación recibiu a aclamación da crítica, incluíndo un Globo de Ouro á mellor actriz de comedia ou musical e o Oso de prata á mellor actriz.[9][10]

En 2013, Hawkins protagonizou xunto con Cate Blanchett o filme Blue Jasmine, de Woody Allen, logrando a súa primeira candidatura ao Oscar á mellor actriz secundaria, ademais de ao BAFTA e aos Globos de Ouro.[11][12]

Filmografía editar

Ano Título Personaxe Director Notas
1996 Mirror, Mirror Jenny Wendy Griffin Curtametraxe
1999 Star Wars Episode I: The Phantom Menace Villager George Lucas Extra sen acreditar
2002 All or Nothing Samantha Mike Leigh
2004 Vera Drake Susan Wells Mike Leigh
2004 Layer Cake Slasher Matthew Vaughn
2006 Hollow China Terri Matt Platts-Mills Curtametraxe
2007 Cassandra's Dream Kate Woody Allen
2007 WΔZ Elly Carpenter Tom Shankland
2008 Happy-Go-Lucky Poppy Cross Mike Leigh
2009 An Education Sarah Goldman Lone Scherfig
2009 Desert Flower Marylin Sherry Hormann
2009 Happy Ever Afters Maura Stephen Burke
2010 It's a Wonderful Afterlife Linda / Gitali Gurinder Chadha
2010 Never Let Me Go Miss Lucy Mark Romanek
2010 Made in Dagenham Rita O'Grady Nigel Cole
2010 Submarine Jill Tate Richard Ayoade
2011 Love Birds Holly Paul Murphy
2011 Jane Eyre Mrs Reed Cary Joji Fukunaga
2012 Great Expectations Mrs Joe Mike Newell
2013 All Is Bright Olga Phil Morrison
2013 The Phone Call Heather Mat Kirkby Curtametraxe
2013 Blue Jasmine Ginger Woody Allen
2013 The Double Receptionist at Ball Richard Ayoade Cameo
2014 Godzilla Dr. Vivienne Graham Gareth Edwards
2014 X+Y Julie Ellis Morgan Matthews
2014 Paddington Mary Brown Paul King
2016 Maudie Maud Lewis Aisling Walsh
2017 The Shape of Water Elisa Esposito Guillermo del Toro
2017 Paddington 2 Mary Brown Paul King
2019 Godzilla: King of the Monsters Dr. Vivienne Graham Michael Dougherty

Notas editar

  1. "Sally Hawkins saves the day in Made in Dagenham". The First Post (en inglés). 1 de outubro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2011. Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  2. Hammond, Pete (2017-12-06). "Critics’ Choice Awards Nominations: ‘The Shape Of Water’ Leads With 14; Netflix Tops TV Contenders". Deadline (en inglés). Consultado o 7-12-2017. 
  3. Hammond, Pete (16-12-2017). "SAG Awards Nominations: ‘The Shape Of Water’ Leads With 14; Netflix Tops TV Contenders". Deadline (en inglés). Consultado o 16-12-2017. 
  4. Hoggard, Liz (10 de novembro de 2012). "Sally Hawkins: 'You only do good work when you're taking risks'". The Independent. Consultado o 24 de marzo de 2017. 
  5. "Children's Books – Articles – Authorgraph No.116: Colin and Jacqui Hawkins | BfK No. 116". Booksforkeeps.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2017. Consultado o 4 de abril de 2016. 
  6. Galloway, Stephen; Guider, Elizabeth (8 de decembro de 2008). "Oscar Roundtable: The Actresses". The Hollywood Reporter. Consultado o 3 de novembro de 2014. 
  7. Ramin Setoodeh (16 de decembro de 2013). "Sally Hawkins on her secret 'Star Wars' role and "Blue Jasmine"". Variety. Consultado o 4 de abril de 2016. 
  8. "Brit actress Sally Hawkins to visit Mill Valley film fest". Marinscope Community Newspapers. 1 de outubro de 2008. Consultado o 9 de marzo de 2014. [Ligazón morta]
  9. Silverman, Stephen (11 de dezembro de 2008). "Angelina Jolie, Brad Pitt Score Golden Globe Nods". People. Consultado o 11 de decembro de 2008. 
  10. "Nominations & Winners". Golden Globes. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2008. Consultado o 12 de decembro de 2008. 
  11. "Oscars 2014 Winners: The Complete List". The Hollywood Reporter. 2 de marzo de 2014. Consultado o 9 de marzo de 2014. 
  12. "Golden Globes Nominations: The Full List". Variety. 11 de xaneiro de 2014. Consultado o 10 de marzo de 2014. 

Véxase tamén editar