Godzilla (filme de 2014)
Godzilla é un filme estadounidense de ciencia ficción dirixido por Gareth Edwards que se estreou no 2014. É unha versión baseada na historia do monstro xaponés Godzilla, e o filme está ambientado 15 anos despois de que un desastre nuclear no Xapón espertase dúas criaturas parasitas xigantes, coñecidas como "MUTOs", que están a buscarse entre elas para reproducirse, pero que sen querelo chaman a atención doutra criatura, meirande, máis destrutiva e antiga, un predador coñecido como "Godzilla", cuxa existencia foi mantida en segredo polo goberno dos Estados Unidos dende 1954. O filme conta a historia da orixe de Godzilla na era contemporánea como unha "arrepiante forza da natureza". Está protagonizado por Aaron Taylor-Johnson, Ken Watanabe, Elizabeth Olsen, Juliette Binoche, Sally Hawkins, David Strathairn e Bryan Cranston.
Godzilla | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Godzilla |
Director | Gareth Edwards |
Produtor | Thomas Tull Jon Jashni Mary Parent Brian Rogers |
Guión | Max Borenstein |
Baseado en | Godzilla de Toho |
Intérpretes | Aaron Taylor-Johnson Ken Watanabe Elizabeth Olsen Juliette Binoche Sally Hawkins David Strathairn Bryan Cranston |
Música | Alexandre Desplat |
Fotografía | Seamus McGarvey |
Montaxe | Bob Ducsay |
Estudio | Legendary Pictures |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures Toho (Xapón) |
Estrea | Dolby Theatre: 8 de maio de 2014 16 de maio de 2014 |
Duración | 123 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos[2][3] |
Xénero | Ciencia ficción |
Orzamento | $160 000 000[4] |
Recadación | $524 976 069 |
Filme seguinte | Godzilla: King of the Monsters |
Na rede | |
http://www.godzillamovie.com | |
|
Sinopse
editarEn 1954, o test das bombas de hidróxeno dos Estados Unidos foron usadas en realidade para destruír unha criatura xigante da superficie do océano. En 1999, os científicos do proxecto Monarch Ishiro Serizawa e Vivienne Graham investigan o colosal esqueleto atopado nunha mina de Filipinas. Dúas esporas con forma de ovos foron descubertas, unha delas aberta e cun claro rastro en dirección ó mar. No Xapón, a Planta Nuclear de Janjira experimenta actividade sísmica. Joe Brody, o supervisor da planta, envía a súa muller, Sandra, e un grupo de técnicos a comprobar os sensores do reactor. Cando o equipo está dentro, o reactor rompe, liberando radioactividade. Sandra e o seu equipo non son quen de escapar e a planta é destruída.
Personaxes
editar- Aaron Taylor-Johnson como Ford Brody
- Ken Watanabe como Dr. Ishiro Serizawa
- Bryan Cranston como Joe Brody
- Elizabeth Olsen como Elle Brody
- Carson Bolde como Sam Brody
- Sally Hawkins como Dr. Vivienne Graham
- Juliette Binoche como Sandra Brody
- David Strathairn como Almirante William Stenz
- Richard T. Jones como Capitán Russell Hampton
- Victor Rasuk como Sarxento Tre Morales
Notas
editar- ↑ "GODZILLA | British Board of Film Classification". Bbfc.co.uk. Consultado o 12 de maio de 2014.
- ↑ "Film Review: ‘Godzilla’". Variety.
A Warner Bros. release presented with Legendary Pictures of a Legendary Pictures production.
- ↑ "Godzilla". Screen International. Consultado o 16 de maio de 2014.
- ↑ BoxOfficeMojo.com
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Godzilla na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)