The Shape of Water
The Shape of Water é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Guillermo del Toro e escrito por Toro e Vanessa Taylor.[3][4] Está protagonizado por Sally Hawkins, Michael Shannon, Richard Jenkins, Doug Jones, Michael Stuhlbarg e Octavia Spencer. Está ambientada en Baltimore en 1962, e conta a historia dunha limpadora muda que traballa nun laboratorio de alta seguridade do goberno que se namora dunha criatura anfibia de aparencia humana.
The Shape of Water | |
---|---|
![]() Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Shape of Water |
Director | Guillermo del Toro |
Produtor |
|
Guión |
|
Intérpretes | |
Música | Alexandre Desplat |
Fotografía | Dan Laustsen |
Montaxe | Sidney Wolinsky |
Estudio | TSG Entertainment Double Dare You Productions |
Distribuidora | Fox Searchlight Pictures |
Estrea | Venecia: 31 de agosto de 2017![]() |
Duración | 123 minutos[1] |
Orixe | ![]() |
Xénero | Romance, ciencia ficción |
Orzamento | $19 500 000[2] |
Recadación | $148 400 000[3] |
Na rede | |
http://www.foxsearchlight.com/theshapeofwater/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
The Shape of Water foi estreada na competición principal do Festival Internacional de Cine de Venecia o 31 de agosto de 2017,[5] e foi premiado co León de Ouro.[6] Tamén foi estreado no Festival Internacional de Cinema de Toronto.[7] Comezou cunha estrea limitada en dous cines de Nova York o 1 de decembro de 2017, antes da estrea en todo o país o 8 de decembro de 2017. Obtivo unha recadación de $148 millóns en todo o mundo.[8] A partir do filme, del Toro e Daniel Kraus crearon unha novela que foi publicada o 6 de marzo de 2018.[9]
The Shape of Water recibiu a aclamación da crítica polas interpretacións, o guión, a dirección, os efectos visuais, o deseño de produción e a banda sonora, sendo considerado o mellor traballo de del Toro dende El laberinto del fauno;[10] a American Film Institute escolleuno como un dos 10 mellores filmes do ano.[11] Recibiu un bo número de premios e nomeamentos, incluíndo trece nomeamentos na 90ª edición dos Oscar, onde gañou o Óscar ó mellor filme (o primeiro filme de fantasía dende The Lord of the Rings: The Return of the King en gañar nesta categoría), mellor director, mellor banda sonora e mellor deseño de produción.[12][13] Foi nomeado a sete premios nos Globos de Ouro, gañando o de mellor director e mellor banda sonora.[14] Nos BAFTA, tivo doce nomeamentos e gañou tres premios, incluíndo o de mellor director.[15] Tamén obtivo catorce nomeamentos nos Critics' Choice Awards gañando catro deles.
Personaxes
editar- Sally Hawkins como Elisa Esposito
- Michael Shannon como Coronel Richard Strickland
- Richard Jenkins como Giles
- Octavia Spencer como Zelda Delilah Fuller
- Michael Stuhlbarg como Dimitri Mosenkov
- Doug Jones como "Amphibian Man"
- David Hewlett como Fleming
- Nick Searcy como Xeneral Frank Hoyt
- Stewart Arnott como Bernard
- Nigel Bennett como Mihalkov
- Lauren Lee Smith como Elaine Strickland
- Martin Roach como Brewster Fuller
- Allegra Fulton como Yolanda
- John Kapelos como Mr. Arzoumanian
- Morgan Kelly como Pie Guy
Notas
editar- ↑ tiff (ed.). "The Shape of Water". Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2017. Consultado o 31 de agosto de 2017.
- ↑ Tapley, Kristopher (21 de novembro de 2017). "Spirit Awards: ‘Call Me by Your Name,’ ‘Get Out’ Soar, ‘Shape of Water’ Shunned Again". Variety. Consultado o 21 de novembro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 Box Office Mojo (ed.). "The Shape of Water (2017)". Consultado o 11 de marzo de 2018.
- ↑ "The Shape of Water". British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2017. Consultado o 19 de decembro de 2017.
- ↑ Anderson, Ariston (27 de xullo de 2017). The Hollywood Reporter, ed. "Venice Competition Includes Films From George Clooney, Guillermo del Toro, Darren Aronofsky". Consultado o 27 de xullo de 2017.
- ↑ "Guillermo del Toro's The Shape of Water wins Venice Golden Lion". The Guardian. Consultado o 9 de setembro de 2017.
- ↑ Deadline Hollywood (ed.). "Toronto Film Festival 2017 Unveils Strong Slate". Penske Business Media, LLC. Consultado o 25 de xullo de 2017.
- ↑ McNary, Dave. Variety, ed. "Guillermo del Toro's 'Shape of Water' Gets Awards Season Release Date". Consultado o 19 de abril de 2017.
- ↑ "The Shape of Water Novel Does Much, Much More Than Adapt the Movie". Amazon. Consultado o 23 de febreiro de 2018.
- ↑ Kiang, Jessica (31 de agosto de 2017). The Playlist, ed. "Guillermo Del Toro's 'The Shape of Water' Is Sweet & Scary Movie Magic [Venice Review]". Consultado o 7 de setembro de 2017.
- ↑ AFI (ed.). "AFI Awards 2017". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2017. Consultado o 8 de decembro de 2017.
- ↑ Variety, ed. (4 de marzo de 2018). "Academy Award Winners 2018: The Complete List". Consultado o 9 de marzo de 2018.
- ↑ Phillips, Michael (5 de marzo de 2018). Chicago Tribune, ed. "Oscars can still surprise us". Consultado o 5 de marzo de 2018.
- ↑ Rubin, Rebecca (11 de decembro de 2017). Variety, ed. "Golden Globe Nominations: Complete List". Consultado o 11 de decembro de 2017.
- ↑ BBC News, ed. (9 de xaneiro de 2018). "The Shape of Water leads Bafta nominations". Consultado o 9 de xaneiro de 2018.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- The Shape of Water na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)