Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento

O Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), creouse mediante a fusión do Programa Ampliado de Asistencia Técnica das Nacións Unidas, creado en 1949, e o Fondo Especial da Organización das Nacións Unidas, estabelecido en 1958. O PNUD, tal como se  coñece no presente, foi creado en 1965 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Pertence ó sistema de Nacións Unidas, e a súa función é contribuír á mellora da calidade de vida das nacións. Dende 1990, o PNUD publica o informe sobre desenvolvemento humano ou Índice de desenvolvemento humano (IDH). O PNUD promove o cambio e conecta os coñecementos, a experiencia e os recursos necesarios para axudar ós pobos a forxar unha vida mellor. Está presente en 178 países.

Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento
Logo
AcrónimoUNDP e PNUD
Tipoorganização estabelecida pelas Nações Unidas e organización internacional
Data de fundación1965
Organización matrizAsemblea Xeral das Nacións Unidas
Organización subsidiariaGlobal Policy Centre on Resilient Ecosystems and Desertification
SedeNova York
Na rede
https://www.undp.org/
Facebook: UNDP Twitter: undp Instagram: undp LinkedIn: undp Youtube: UCagCOAfZBpsTOlAJq_vcWbw Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Áreas de traballo editar

A súa meta é axudar ós países a elaborar e compartir solucións que permitan responder os retos que expoñen: gobernabilidade democrática, redución da pobreza, prevención e recuperación das crises, enerxía e medio ambiente, tecnoloxía da información e as comunicacións e o VIH-SIDA. Igualmente, estabelecéronse metas claras para reducir as doenzas, o analfabetismo e a discriminación contra a muller.

O PNUD é unha rede internacional da ONU en desenvolvemento económico.