Paíños chineses

Os paíños chineses son un par de variñas da mesma lonxitude que se empregan como utensilios de cociña e para comer no Extremo Oriente[1] (China, Xapón, Corea do Norte, Corea do Sur e Vietnam), así como en Tailandia, onde están limitados tan só ás sopas e os fideos dende que o rei Chulalongkorn introduciu no século XIX os utensilios occidentais. Usados primeiro polos chineses dende hai polo menos 6000 anos, posteriormente foron adoptados noutros países.

Paíños chineses sobre un prato.
Xeito de coller os paíños chineses.

Os paíños adóitanse fabricar de madeira, bambú, plástico e aceiro inoxidábel. Aínda que non é tan común tamén se poden facer con ouro, prata, porcelana, xade ou marfil.

Notas editar

  1. González González, Manuel (2012). Xunta de Galicia, ed. Dicionario de alimentación e restauración. p. 180. ISBN 978-84-453-5056-0. Consultado o 4 de abril de 2023.