José Luis López Sangil


José Luis López Sangil, nado na Coruña o 27 de marzo de 1938 e finado na mesma cidade o 8 de marzo de 2016 , foi un enxeñeiro industrial e historiador galego.

Infotaula de personaJosé Luis López Sangil
Biografía
Nacemento27 de marzo de 1938
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de marzo de 2016
A Coruña
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Barcelona
Actividade
Campo de traballoEnxeñaría industrial
Medievalista
Ocupaciónenxeñeiro industrial , historiador , medievalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCarmen García Álvarez
FillosMª Luisa López-Sangil García
Mª del Carmen López-Sangil García
José Luis López-Sangil García

Dialnet: 1056314

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Fixo os seus primeiros estudos no colexio coruñés de Cristo Rey, dos Maristas, e cursou a súa carreira de enxeñeiro industrial na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais de Barcelona.

Casou en Plasencia en 1967 con Carmen García Álvarez coa que tivo tres fillos.

Carreira profesional como enxeñeiro editar

Toda a súa vida profesional xirou en torno ao mundo das fábricas de aluminio, inicialmente na fábrica de Pechiney, situada na vila de Saint-Jean-de-Maurienne comuna francesa do departamento de Savoia, na rexión Auvernia-Ródano-Alpes.

En anos posteriores foi xefe de proxecto e encargado da posta en marcha da fábrica de alúmina-aluminio en San Cibrao, Cervo (Lugo) e, posteriormente, foi o director de dita planta até 1985, ano no que se trasladou á súa cidade natal, onde se incorporou como director da fábrica de aluminio primario de Inespal, no polígono industrial A Grela - Bens.

Terminou a súa carreira profesional en 2002 como director técnico para as fábricas de aluminio españolas.

Foi decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, presidente da Asociación de Enxeñeiros Industriais de Galicia e patrono fundador do Instituto Tecnolóxico de Galicia. Así mesmo, e como afeccionado, foi presidente da Asociación de Amigos del Ferrocarril da Coruña.

Traballos como historiador editar

De maneira paralela á súa carreira profesional cabe destacar a súa afección aos temas relacionados coa historia e a arte medieval de Galicia, fundamentalmente dos séculos XI e XII, temas sobre os que chegou a reunir unha das bibliotecas especializada máis importantes e extensas de Galicia.[1]

Publicou máis de 45 traballos sobre o monacato galego. A súa obra culminou con dous dos máis importantes; o primeiro deles o libro sobre o Mosteiro de Santa María de Monfero. Despois de varios anos de rigoroso traballo e investigación de diversas fontes documentais en pergameo escribiu un estudo xenealóxico sobre a familia Froilaz-Traba (2002, e 2ª edición en 2005) familia que usou como base para narrar as vidas e xenealoxías de personaxes importantes e influentes, e pouco estudados até ese momento, da nobreza altomedieval galega dos séculos XI e XII.

Foi fundador e presidente da Asociación Cultural de Estudos Históricos de Galicia,[2] e académico numerario da Academia Auriense Mindoniense de San Rosendo.

Morte editar

Faleceu na Coruña o 8 de marzo de 2016 ,[1] á idade de setenta e sete anos, como consecuencia dunha longa enfermidade crónica.

Publicacións editar

Monografías
  • 1999 - Historia del monasterio de Santa María de Monfero. A Coruña: Deputación Provincial. Imprenta da Deputación Provincial. ISBN 84-8965-284-8. 310 páxinas.[3]
  • 2002 - La nobleza altomedieval gallega: a familia Froilaz Traba. Noia: Editorial Toxosoutos. Serie Trivium. Nº 8. ISBN 84-9562-268-8. Páxinas 268 (versión en castelán).[4]
  • 2005 - A nobreza altomedieval galega: a familia Froilaz Traba. Noia: Editorial Toxosoutos. Serie Trivium. Nº 8. ISBN 84-96259-51-X. Páxinas 268 (versión en galego).
Artigos
  • 1995 - «Proceso electrolítico de obtención del aluminio». En Electroquímica y medio ambiente en el umbral del siglo XXI. A Coruña: Universidade da Coruña. Colección: Cursos, Congresos y Simposios.
  • 1995 - «Historias y memoriales del Monasterio de Santa María de Monfero». Pontedeume: Cátedra. Revista eumesa de estudios Arquivado 21 de setembro de 2011 en Wayback Machine.. nº 2, pp. 75–95.
  • 1995 - «Breve historia del monacato gallego». DYNA, nº 7, pp. 41–46, outubro de 1995.
  • 1995 - «La fundación del monasterio de San Isidro de Callobre». Cuadernos de Estudios Gallegos. nº 107. Tomo 42, pp. 11–24.
  • 1996 - «Un privilegio real de 1117 y el obispo mindoniense don Pedro, retirado en Caaveiro». Pontedeume: Cátedra. Revista eumesa de estudios Arquivado 21 de setembro de 2011 en Wayback Machine., nº 3, pp. 63–77.
  • 1996 - «La familia Froilaz-Traba en la Edad Media Gallega». Estudios Mindonienses. nº 12, pp. 275–403.
  • 1997 - «Índice de la documentación en pergamino que se conservaba en el archivo del monasterio de Santa María de Monfero en el año 1833». Pontedeume: Cátedra. Revista eumesa de estudios Arquivado 21 de setembro de 2011 en Wayback Machine., nº 4, pp. 127–165.
  • 1997 - «Un problema resuelto: la fundación del monasterio de Santa María de Monfero, los privilegios de Alfonso VII y su filiación al Císter». Estudios Mindonienses, nº 13, pp. 621–683.
  • 1998 - «Historia del monasterio de Santa María de Monfero». Estudios Mindonienses, nº 14, pp 13–162.[5]
  • 1998 - «Privilegios reales concedidos por Alfonso VII, Fernando II y Alfonso IX al monasterio de Santa María de Monfero (años 1135 a 1213)». Pontedeume: Cátedra. Revista eumesa de estudios Arquivado 21 de setembro de 2011 en Wayback Machine., nº 5, pp. 107–146.
  • 1999 - «Relación de fuentes documentales, publicadas o transcritas de la historia medieval gallega». Ponedeume: Cátedra. Revista eumesa de estudios Arquivado 21 de setembro de 2011 en Wayback Machine., nº 6, pp. 39–66.
  • 2000 - Monfero. Historia. 2 Tomos. En tomo II, capítulo, «Monasticón cisterciense gallego», pp. 96–149. León: Edilesa.
  • 2000 - «La genealogía (prehistórica) de los Andrade». Pontedeume: Cátedra. Revista eumesa de estudios Arquivado 21 de setembro de 2011 en Wayback Machine., nº 7, pp. 189–216.
  • 2000 - «Los memoriales de Sobrado y Monfero. Sus autores fray Bernardo Cardillo de Villalpando y fray Mauricio Carbajo». Betanzos: Anuario Brigantino, nº 23, pp. 229–238.
  • 2000- 2001 - Mosteiro de Santa María de Monfero. Aldear. Periódico interparroquial mensual (Comarca de Monfero). nº 11 nº 12. Páxina 1 (artigo en dúas partes). Monfero: decembro de 2000 e xaneiro de 2001.
  • 2001 - «Historia de la Virgen de la Cela». Boletín Amigos do mosteiro de Monfero. Boletín nº 1, Ano 1, abril 2001, páxina 4.
  • 2001 - «Monasterio de Santa María de Monfero. Bibliografía». Boletín Amigos do mosteiro de Monfero. Boletín nº 1, Ano 1. abril 2001. Páxina 6.
  • 2001 «La fundación del monasterio de san Salvador de Cines». Betranzos: Anuario Brigantino, nº 24, pp. 139-156.
  • 2002 - «Fernán Pérez de Andrade III, o Boo. Sus relaciones con la iglesia y el monacato: Monfero y la Granja de Sa». Pontedeume: Cátedra. Revista eumesa de estudios Arquivado 21 de setembro de 2011 en Wayback Machine., nº 9, pp. 117–148.
  • 2002 - «Relación de la documentación del monasterio de Santa María de Monfero» (con 1139 documentos). Estudios Mindonienses, nº 18, pp. 279–740.
  • 2003 - «Los milagros de la Virgen de Cela». Boletín Amigos do Monasterio de Monfero, Boletín nº 2, Ano II. Febreiro de 2003. Páxina 4.
  • 2003 - «Recensión sobre el Monasticón Cisterciense». 2 vol. León: EDILESA. León. Boletín Amigos do Monasterio de Monfero. Boletín nº 2. Ano II. Febreiro de 2003. Páxina 6.
  • 2003 - «Nogueirosa: su monasterio y su castillo». Pontedeume: Cátedra. Revista eumesa de estudios Arquivado 21 de decembro de 2018 en Wayback Machine., nº 10, pp. 249–268.
  • 2003 - «Narración de los hechos ocurridos en el año 1702, en que los vecinos de Labrada y Buriz se rebelaron contra el monasterio de Monfero, negándose a pagar lo que les correspondía en concepto de foros». Boletín Amigos do Mosteiro de Monfero, Boletín nº 3, Ano II. Xullo de 2003. pp. 4–5.
  • 2003 - «El desaparecido archivo del monasterio de Santa María de Monfero». Boletín Amigos do Mosteiro de Monfero, Boletín nº 3. Ano II. Xullo de 2003. Páxina 6.
  • 2003 - «Los monasterios cistercienses gallegos», Revista Esculca. Órgano da Sociedade Cultural e Museo «As Mariñas dos Frades», nº 10. Novembro de 2003. pp. 4–12.
  • 2005: «Historia del monasterio de San Salvador de Bergondo». Estudios Mindonienses, nº 21, pp. 379–438.
  • 2005 - «Uno de los primeros monasterios benedictinos en Galicia: San Isidro de Callobre». Betanzos: Anuario Brigantino, nº 28, pp. 87–104.
  • 2006 - «Un nuevo documento de 1117 del monasterio de Caaveiro». Pontedeume: Cátedra. Revista eumesa de estudios Arquivado 21 de setembro de 2011 en Wayback Machine., nº 13, pp. 165–188.
  • 2006 - «Uno de los primeros monasterios benedictinos de Galicia: San Isidro de Callobre, próximo a Monfero». Boletín Amigos do Mosteiro de Monfero. Boletín nº 7. Ano V. Xuño de 2006, pp. 4–6.
  • 2006 - «Fuentes documentales de la Edad Media Gallega». Revista NALGURES, nº 3, Ano 2006 (editado en 2007). pp. 201–247.
  • 2007 - «Historia medieval del monasterio de Santa María de Monfero». Actas de las IV Xornadas de Estudios Medievais da Mariña Central. Monxes e Mosteiros na Mariña Medieval. 30 de novembro-2 de decembro de 2007.
  • 2008 - «La nobleza altomedieval gallega. La familia Froilaz-Traba. Sus fundaciones monacales en Galicia en los siglos XI, XII y XIII». Revista Nalgures, nº 4, Ano 2007 (editado en 2008). pp. 241–331.
  • 2009 - «La antigua demarcación de Faro, el castillo de Faro, y la fundación de Crunia». Revista Porteo. Boletín de la Sociedad Filatélica de La Coruña. A Coruña 23 de novembro de 2009. pp. 11–21.
  • 2009 - «Algunas precisiones sobre la antigua demarcación de Faro, el castillo de Faro, El Burgo y la fundación de Crunia». Revista Nalgures, nº 5. Ano 2008 (editado en 2009). pp. 175–208.
  • 2010 - «Breve historia de la primera etapa del monasterio de Sobrado y del comienzo de la segunda etapa cisterciense». Revista Rudesindus, nº 6, Ano 2010. pp. 105–113.
  • 2011 - «Tumbo Viejo de Lugo». Transcripción. Junto con Manuel Vidán Torreira. Estudios mindonienses, nº 27, ano 2011, pp. 11–373.
  • 2012 - «Relación de la hacienda que tenía el Imperial Monasterio de Nuestra Señora Santa María de Monfero (1736-1738)» Pontedeume: Cátedra. Revista eumesa de estudios Arquivado 21 de setembro de 2011 en Wayback Machine., nº 19, pp. 381–416.
  • 2012 - «La antigua demarcación de Faro, el castillo de Faro y la fundación de Crunia». O Noso Lar. Órgano difusor del «Lar Gallego». Avilés. Nº 34. Ano 2012. pp. 81–87. (Versión reducida do publicado en Nalgures nº 5).
  • 2014 - «Los tumbos y memoriales de los monasterios de Sobrado y Monfero. Sus autores». Estudios Mindonienses. Nº 30. Ano 2014. pp. 79–105 (é un novo artigo, ampliación do publicado en Anuario Brigantino, nº 23. pp. 229–238. Betanzos, 2000).
  • 2014 - «Sisnando Menéndez, Obispo de Santiago», coa transcrición do manuscrito: «Suplemento ao tomo XIX da España Sagrada del R.P.M.F.H. Flórez, tomo I1. Contén a vida de Sisnando Menéndez, bispo de Iria e fundador do Mosteiro de Santa María de Sobrado, Annuarium Sancti Iacobi. Santiago. Ano 2014. nº 3, pp. 45–309.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Castro Álvarez, Carlos de (2016). "José Luis López Sangil o la pasión por Santa María de Monfero" (PDF). Cátedra: Revista eumesa de estudios (23): 265–271. ISSN 1133-9608. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de xuño de 2020. Consultado o 26 de outubro de 2017. 
  • Bertran Roigé, Prim (1998). "98-192 López Sangil, José Luis: Historia del monasterio de Santa María de Monfero.-"Estudios Mindonienses" (Mondoñedo-Ferrol), núm. 14 (1998), 13-162, con figs.". Índice Histórico Español (Universitat de Barcelona). XXXVI (109): 61–62. ISSN 0537-3522. 
  • Pérez Rodríguez, Francisco Javier (2010). "Historia medieval de Galicia: un balance historiográfico (1988-2008)". Minius. Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía 18: 59–146. ISSN 1131-5989.