John Fowles

escritor británico

John Robert Fowles, nado en Leigh-on-Sea, Essex, en 1926 e finado en Dorset o 5 de novembro de 2005, foi un escritor inglés.

Infotaula de personaJohn Fowles
Biografía
Nacemento31 de marzo de 1926 Editar o valor em Wikidata
Leigh-on-Sea (Reino Unido) Editar o valor em Wikidata
Morte5 de novembro de 2005 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Lyme Regis (Reino Unido) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Ictus Editar o valor em Wikidata)
Xuíz do Premio Booker
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBelmont, Lyme Regis (en) Traducir (1968–) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónBedford School (en) Traducir
New College (pt) Traducir
Alleyn Court Preparatory School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoProsa e poesía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , guionista , mestre , novelista , ensaísta Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1963 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoPosmodernismo Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Premios

Páxina webfowlesbooks.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0288826 Allmovie: p309557 WikiTree: Fowles-510 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Era fillo dun mercador de tabaco e dunha mestra. Estudou francés nas universidades de Edimburgo e de Oxford e logo de licenciarse en 1950 ensinou en Francia e Grecia. Neste país comezou a escribir poesía. En 1954 regresou a Inglaterra para ensinar nun instituto de Londres. A súa primeira novela, O coleccionista (The Collector, 1963), converteuse nun éxito internacional que fixo que Fowles deixase o ensino para dedicarse en exclusiva a escribir.

Asentouse en Dorset, contorno que utilizou para A muller do tenente francés (The French Lieutenant's Woman, 1969). No mesmo ano adaptou O Mago (The Magus), baseada nas súas experiencias en Grecia, para o cinema, aínda que sen éxito. Si que o tivo a adaptación d'A muller do tenente francés, en 1981 - neste caso con guión de Harold Pinter e cun nomeamento ao Óscar. O Aristos, unha colectánea de reflexións filosóficas, é a súa obra máis coñecida non de ficción.

John Fowles recorre á ironía para interpolar alusións a teorías científicas e artísticas da época na que se ambienta a narración (Darwin, Marx, os prerrafaelitas), parodiando así determinada tradición narrativa vitoriana. É por isto que algúns críticos considéranno un precursor do posmodernismo.

Obras editar

  • (1963) O coleccionista (The Collector)
  • (1964) O Aristos (The Aristos )
  • (1965) O mago (The Magus )
  • (1969) A muller do tenente francés (The French Lieutenant's Woman)
  • (1974) A torre de ébano (The Ebony Tower)
  • (1977) Daniel Martin
  • (1979) A Árbore (The Tree)
  • (1982) Mantissa
  • (1985) Un verme (A Maggot])
  • (1998) Furados de verme - Ensaios e escritos ocasionais (Wormholes - Essays and Occasional Writings)
  • (2003) Os diarios (The Journals - Volume 1)