A iridescencia[1] (tamén chamada goniocromismo) é a propiedade de certas superficies que parecen cambiar de cor segundo cambia o ángulo desde o que se ven ou o ángulo de iluminación. Exemplos de iridescencia poden verse nas burbullas de xabón, nas ás das bolboretas ou en cunchas mariñas e en certos minerais. Adoita producirse por coloración estrutural (microestruturas que interfiren coa luz).

Iridescencia en burbiullas de xabón.

Etimoloxía editar

A palabra iridescencia deriva do antigo grego ἶρις îris (xenitivo ἴριδος íridos), que significa arco da vella.[2] Iris á súa vez deriva da deusa Iris da relixión grega antiga, que é a personificación do arco da vella e actúa como mensaxeira dos deuses. A palabra goniocromismo deriva das palabras gregas gonia, que significa "ángulo", e chroma, que significa "cor".

Mecanismos editar

 
O fuel vertido na tona da auga crea unha fina película que interfire coa luz, producindo diferentes cores. As diferentes bandas representan diferentes grosores da película.
 
Un biofilme iridescente na superficie dun tanque de peixes difracta a luz reflectida, mostrando o espectro completo de cores. O vermello vese desde ángulos de incidencia máis longos que o azul.

A iridescencia é un fenómeno óptico que se dá en superficies, no cal o ton de cor cambia segundo o ángulo de observación e o ángulo de iluminación.[3][4] Está causado xeralmente por múltiples reflexións producidas en dous ou máis superficies semitransparentes nas cales o cambio de fase e a interferencia das reflexións modulan a luz incidente (ao amplificaren ou atenuaren algunhas frecuencias máis que outras).[3][5] O grosor das capas do material determina o patrón de interferencia. A iridescencia pode por exemplo deberse a unha interferencia de película fina, o análogo funcional da atenuación de lonxitudes de onda selectiva observada co interferómetro de Fabry–Pérot, e pode verse en películas de aceite sobre auga e nas burbullas de xabón. A iridescencia tamén se dá en plantas, animais e os máis diversos obxectos. A gama de cores dos obxectos con iridescencia natural pode ser estreita, por exemplo pode cambiar entre só dúas ou tres cores a medida que cambia o ángulo de visión,[6][7] ou pode cambiar entre unha ampla gama de cores.[8]

A iridescencia pode orixinarse tamén por difracción. Este efecto encóntrase en obxectos como os CDs, DVDs, ou na iridescencia das nubes.[9] No caso da difracción, pode normalmente observarse a gama completa das cores do arco da vella a medida que o ángulo de visión cambia. En bioloxía, este tipo de iridescencia orixínase pola formación de redes de difracción na superficie, como as longas ringleiras observadas nas células no músculo estriado. Algúns tipos de pétalos de flores poden tamén xerar unha rede de difracción, pero a iridescencia non é visible para os humanos nin para os insectos que visitan as flores, xa que o sinal de difracción está enmascarado pola coloración debida aos pigmentos das plantas.[10][11][12]

En usos biolóxicos (e biomiméticos), as cores que non son producidas por pigmentos ou tinturas denomínanse coloración estrutural. Adoitan utilizarse microestruturas, xeralmente de multicapas, para producir cores brillantes aínda que non sempre iridescentes: cómpren disposicións dos compoñentes moi elaboradas para evitar que se reflictan diveras cores en diferentes direccións. A coloración estrutural compréndese en termos xerais desde a publicación do libro de Robert Hooke de 1665 Micrographia, no cal Hooke sinalou correctamente que como a iridescencia dunha pluma de pavo real se perdía ao metela na auga, pero reaparecía cando se poñía de novo no aire, os pigmentos non podían ser os responsables do efecto.[13][14] Posteriormente atopouse que a iridescencia no pavo real debíase a un complexo cristal fotónico.[15]

Exemplos editar

Animais editar

Artrópodos e moluscos editar

Cordados editar

As plumas das aves como os colibrís, picapeixes,[16] aves do paradiso,[17] troquílidos, papagaios, estúrnidos,[18] ictéridos, patos, e pavos reais[15] son iridescentes. A liña lateral do peixe Neon tetra é tamén iridescente.[6] Unha soa especie de xeco, Cnemaspis kolhapurensis, que foi identifiacada en 2009 presenta iridescencia.[19] O tapetum lucidum, presente nos ollos de moitos vertebrados, é tamén iridescente.[20]

Carne editar

Minerais e compostos editar

Obxectos feitos polo ser humano editar

A nanocelulosa é por veces iridescente, como tamén o son as películas finas de gasolina e dalgúns outros hidrocarburos e alcohois cando flotan na auga.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para iridescencia.
  2. "Online Etymology Dictionary". etymonline.com. 
  3. 3,0 3,1 Nano-optics in the biological world: beetles, butterflies, birds and moths Srinivasarao, M. (1999) Chemical Reviews pp: 1935-1961
  4. Physics of structural colours Arquivado 13 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. Kinoshita, S. et al (2008) Rep. Prog. Phys. 71: 076401
  5. Meadows M.; et al. (2009). "Iridescence: views from many angles". J. R. Soc. Interface 6: S107–S113. doi:10.1098/rsif.2009.0013.focus. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2015. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  6. 6,0 6,1 Yoshioka S.; et al. (2011). "Mechanism of variable structural colour in the neon tetra: quantitative evaluation of the Venetian blind model". J. Roy. Soc. Interface 8 (54): 56–66. doi:10.1098/rsif.2010.0253. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  7. Rutowski RL; et al. (2005). "Pterin pigments amplify iridescent ultraviolet signal in males of the orange sulphur butterfly, Colias eurytheme" (PDF). Proc. R. Soc. B 272 (1578): 2329–2335. PMC 1560183. PMID 16191648. doi:10.1098/rspb.2005.3216. 
  8. Saego AE; et al. (2009). "Gold bugs and beyond: a review of iridescence and structural colour mechanisms in beetles (Coleoptera)". J. R. Soc. Interface 6: S165–S184. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2015. Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  9. Meteorology By Professor of Atmospheric and Oceanic Sciences University of Wisconsin-Madison Director Cooperative Institute for Meteorological Satellite Studies (Cimss) Steven A Ackerman, Steven A. Ackerman, John A. Knox -- Jones and Bartlett Learning 2013 Páxinas 173-175
  10. Nature's palette: the science of plant colour. Lee, DW (2007) University of Chicago Press
  11. Iridescent flowers? Contribution of surface structures to optical signaling Arquivado 14 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. van der Kooi, CJ et al (2014) New Phytol 203: 667–673
  12. Is floral iridescence a biologically relevant cue in plant–pollinator signaling? Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. van der Kooi, CJ et al (2015) New Phytol 205: 18–20
  13. Hooke, Robert. Micrographia. Chapter 36 ('Observ. XXXVI. Of Peacoks, Ducks, and Other Feathers of Changeable Colours.')
  14. Ball, Philip (May 2012). "Nature's Color Tricks". Scientific American 306 (5): 74–79. PMID 22550931. doi:10.1038/scientificamerican0512-74. Consultado o April 23, 2012. 
  15. 15,0 15,1 Zi J; et al. (2003). "Coloration strategies in peacock feathers". Proc. Natl. Acad. Sci. 100 (22): 12576–12578. 
  16. Stavenga D.G.; et al. (2011). "Kingfisher feathers – colouration by pigments, spongy nanostructures and thin films". J. Exp. Biol. 214 (23): 3960–3967. doi:10.1242/jeb.062620. 
  17. Stavenga D.G.; et al. (2010). "Dramatic colour changes in a bird of paradise caused by uniquely structured breast feather barbules" (PDF). Proc. Roy. Soc. B. 278 (1715): 2098–2104. doi:10.1098/rspb.2010.2293. 
  18. Plumage Reflectance and the Objective Assessment of Avian Sexual Dichromatism Cuthill, I.C. et al. (1999) Am. Nat. 153: 183-200
  19. "New lizard species found in India". BBC Online. 24 July 2009. Consultado o 20 February 2014. 
  20. Engelking, Larry (2002). Review of Veterinary Physiology. Teton NewMedia. p. 90. ISBN 1893441695. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar