Illas Ashmore e Cartier


As illas Ashmore e Cartier[1] son un territorio dependente[2] de Australia (Territory of Ashmore and Cartier Islands), formado por dous grupos de pequenas illas tropicais deshabitadas, localizadas no océano Índico, a 320 km ao noroeste de Australia e a 170 km ao sur da illa indonesia de Roti[3]. O grupo fórmano o arrefice de Ashmore (formado polos illotes de West, Middle e East) e a illa de Cartier, que forman parte do Territorio do Norte australiano.

Illas Ashmore e Cartier
Localización da illa
Situación
PaísAustralia Australia
MarOcéano Índico
Coordenadas12°15′30″S 123°02′30″L / -12.25833, -123.04167Coordenadas: 12°15′30″S 123°02′30″L / -12.25833, -123.04167
Xeografía
Superficie199´45 km²
Demografía
PoboaciónDeshabitadas

Xeografía editar

O territorio inclúe 155´4 km² do Arrecife Ashmore (incluíndo os illotes West ou occidental, Middle ou central e East ou oriental, e dúas lagoas dentro do arrecife) e 44 km² do Arrecife Cartier (incluíndo a Illa Cartier) [Cómpre referencia] Teñen un total de 74´1 km de costa, medida ao longo do bordo exterior do arrecife. Non hai ancoradoiros ou portos, soamente ancoraxe en mar a fóra.

Os illotes de West, Middle e East teñen respectivamente unha superficie de 54 ha, 93 ha e 112 ha (1 hectárea son 0´01 km²).[4][5][6] Cartier Island é unha illa de area sen vexetación, cunha superficie de 0,4 ha.[5]

Ashmore Reef é chamado Pulau Pasir polos indonesios. Na lingua da illa Roti, chámase Nusa Solokaek. Ambos nomes teñen o significado de "Illa de area".[7]

Preto está o arrecife Hibernia, 42 km ao nordeste do arrecife Ashmore, pero non forma parte do territorio, senón que pertence a Australia Occidental[8] Non ten unha zona permanentemente de terra firme, aínda que gran parte dos arrecifes poden verse durante a marea baixa.

Goberno editar

O territorio adminístrase desde Canberra polo Departamento de Infraestrutura e Desenvolvemento Rexional, que tamén é responsable da administración dos territorios da Illa de Nadal, Cocos (Keeling), Illas do Mar do Coral, Territorio da Baía Jervis e Illa Norfolk.[9] A defensa das Illas Ashmore e Cartier é responsabilidade de Australia, con visitas periódicas da Royal Australian Navy, Royal Australian Air Force e Australian Customs and Border Protection Service. O buque ACV Ashmore Guardian atópase estacionado máis ou menos permanentemente no arrecife. As illas tamén son visitados por coidadores temporais e investigadores científicos ocasionais.

O 21 de outubro de 2002, a reserva natural foi recoñecida como unha zona húmida de importancia internacional cando foi designado Sitio Ramsar 1220 baixo o Convención de Ramsar sobre as zonas húmidas.[10]

Debido á súa proximidade a Indonesia, a zona foi un caladoiro tradicional dos pescadores de Indonesia durante séculos, algúns grupos de Indonesia afirman que o arrecife de Ashmore forma parte de Rote Ndao Regency na provincia de East Nusa Tenggara. Con todo, o goberno de Indonesia non parece discutir activamente a posesión do territorio con Australia. a soberanía de Australia está apoiada polo feito de que o territorio non foi administrado por Holanda (antiga potencia colonial de Indonesia), senón polos británicos antes de que fora cedido a Australia.

Un memorando de entendemento entre os gobernos de Australia e de Indonesia permite aos pescadores indonesios acceso aos seus caladoiros tradicionais dentro da rexión sen ningún tipo de trámites de visado formais, con suxeición aos límites.

Notas editar

  1. The Central Intelligence Agency (2010). The World Factbook. Potomac Books, Inc. p. 39. ISBN 978-1-59797-541-4. 
  2. "10: External territories". Legal Risk in International Transactions (ALRC Report 80). Australian Law Reform Commission (ALRC), Australian Government. 2006. ISBN 0642254877. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2014. Consultado o 2014-04-14. 
  3. "Ashmore and Cartier Islands". Territories of Australia. Department of the Infrastructure and Regional Development, Australian Government. 2014-01-29. Consultado o 2014-04-14. 
  4. Carter, Mike; Clarke, Rohan; Pierce, Frank; Dooley, Sean; Swann, George; Grant, Murray (2010). "Lesser Coucal 'Centropus bengalensis' on Ashmore Reef: First Record for Australia". Australian Field Ornithology 27 (3). ISSN 1448-0107. Within the reef are three small islands: West, Middle and east Islands (total land area 54 ha). The largest and most heavily vegetated is West Island... 
  5. 5,0 5,1 Taylor & Francis Group (2004). The Europa World Year Book 2004 (45th ed.). Europa Publications, Taylor & Francis Group. p. 611. ISBN 978-1-85743-254-1. 
  6. "Ashmore Reef National Nature Reserve and Cartier Island Marine Reserve". Marine Protected Areas. Department of Sustainability, Environment, Water, Population and Communities, Australian Government. Arquivado dende o orixinal o 2011-07-09. 
  7. "A STUDY OF SOCIO-ECONOMIC ISSUES FACING TRADITIONAL INDONESIAN FISHERS WHO ACCESS THE MOU BOX" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de agosto de 2006. Consultado o 19 de agosto de 2015. 
  8. States of Australia Retrieved 2011-06-23
  9. Assistant Director, Territories and Disaster Reconstruction Division (16 de xuño de 2012). "Territories of Australia". Department of Regional Australia, Local Government, Arts and Sport. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2011. Consultado o 7 de febreiro de 2008. 
  10. Annotated Ramsar List.

Ligazóns externas editar