Illa Roti (Pulau Roti, tamén escrito Rote) é unha illa de Indonesia, parte da provincia de East Nusa Tenggara nas Illas menores da Sonda. Segundo a lenda, esta illa recibiu o seu nome por accidente cando uns mariñeiros portugueses perdidos chegaron e preguntaron a un labrego onde estaban. O granxeiro sorprendido, non falaba portugués e presentouse, "Roti".

Roti
Pulau Roti
Nusa Tenggara Timur.png
Localización da illa
Rote Island en.png
Mapa da illa
Situación
PaísFlag of Indonesia.svg Indonesia
ProvinciaNusa Tenggara Timur
ArquipélagoIllas menores da Sonda
MarMar de Savu - Mar de Timor (océano Índico)
Coordenadas10°28′00″S 123°23′00″L / -10.46667, -123.38333Coordenadas: 10°28′00″S 123°23′00″L / -10.46667, -123.38333
Xeografía
Superficie1.214 km²
Punto máis alto444 m.
Demografía
CapitalBa'a
Poboación119.711 hab. (2010)
foto de satélite da illa Roti

XeografíaEditar

Roti está a 500 km ao noroeste da costa de Australia e a 170 km ao norte das Illas Ashmore e Cartier. A illa está situada ao suroeste da illa de Timor. Ao norte atópase o Mar de Savu, e ao sur esta o Mar de Timor. Ao oeste atópanse Savu e Sumba. A deshabitada illa Ndana, xusto ao sur de Roti, cunha superficie de 14 km², é a máis meridional [Lista de illas de Indonesia|[illa de Indonesia]]. Xunto con algunhas outras pequenas illas próximas, como Ndao, forma parte do kabupaten (rexencia) de Roti Ndao Regency, que no censo decenal de 2010 tiña unha poboación de 119.711 hab.[1] A Illa de Roti ten unha superficie de 1.214 km².

A cidade principal, Ba'a, atópase no lado norte da illa. Roti ten unha boa zona para practicar Surf no sur preto da aldea de Nemberala. Hai un transbordador diario desde a illa a Kupang, a capital da provincia de Timor Occidental, que proporciona transporte para os pasaxeiros e mercancías locais, así como aos turistas. A viaxe entre Kupang e Ba'a leva ao redor de dúas horas.

Roti componse de outeiros, plantacións en socalcos, palmeiras de acacia, sabana e algúns bosques.

EconomíaEditar

 
Mercado da Cidade de Ba´a, Roti

Os Rotineses dependen, como os Savuneses, da palma de palmira para a supervivencia básica, pero tamén como un complemento aos seus ingresos ademais da pesca e da fabricación de xoias.

A agricultura é a principal forma de emprego. A pesca tamén é importante, especialmente na localidade oriental de Papela, o que deu lugar a disputas con Australia sobre as augas xurisdicionais entre eles.[2]

Atraccións turísticasEditar

Roti ten moitas ruínas históricas incluíndo antigüidades de porcelana chinesa, así como artes e tradicións antigas. Varias figuras prominentes de Indonesia naceron en Roti. Un instrumento de música popular, o Sasando, está feito de follas de palma.

Na parte oriental da illa atopase un estanque na vila de Landu que ten medusas non velenosas. O estanque tamén ten unha praia de area branca.[3]

GaleríaEditar

ReferenciasEditar

  1. http://ntt.bps.go.id/index.php?option=com_content&view=article&id=120%3Ahasil-sensuspenduduk-2010&catid=1%3Aberita&Itemid=8
  2. Jill Elliott, 1996, "Fishing in Australian Waters," Inside Indonesia vol. 46 http://www.insideindonesia.org/edit46/elliott.htm Arquivado 28 de agosto de 2008 en Wayback Machine.; Richard Tanter, 2000, "After fear, before justice: Indonesia and Australia over the long haul, as if ethics mattered." Inside Indonesia vol. 61 http://www.insideindonesia.org/edit61/richard.htm Arquivado 23 de xullo de 2008 en Wayback Machine.
  3. "Tujuh Danau Ubur-Ubur Unik di Indonesia". Consultado o November 5, 2014. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar