O groove metal (tamén coñecido como post-thrash ou neo-thrash) é un subxénero da música heavy metal. Os xornalistas musicais e seareiros usan o termo para definir a bandas como Pantera,[3] Exhorder e Machine Head.[4] O groove metal colle a intensidade e cualidades sónicas do thrash metal e interprétaas a tempos medios, coa meirande parte das bandas facendo só ocasionais incursións cara tempos rápidos.[5]

Groove metal
Orixe musicalheavy metal, thrash metal, death metal[1]
Orixe culturalprincipios dos 90 nos Estados Unidos e o Brasil
Instrumentos típicosguitarra eléctrica, baixo, batería, voces
Derivadosnu metal[2]

Características e orixe editar

 
Membros de Pantera

Pantera's O álbum Cowboys from Hell (1990) de Pantera foi descrito como "innovador" e "definidor dos planos" para o xénero groove metal.[6] A banda King's X foi chamada a proxenitora do xénero e o seu álbum de estrea de 1988 Out of the Silent Planet adoita a ser citado como unha das maiores influencias do groove metal. Ian Christe lle atribue ao Chaos A.D. de Sepultura e a Pantera o crear a música groove metal derivada do death metal, influenciando a posteriores grupos do xénero durante os anos 90.[1] A estrea de Exhorder, Slaughter in the Vatican, tamén está considerado un dos primeiros álbums de groove metal, sendo publicado en 1990. Os grupos de groove metal incorporaron tamén thrash metal e crossover thrash. Tommy Victor de Prong afirma que a actitude do groove metal procede de Bad Brains.[7]

Grupos editar

O estilo asociouse a bandas como Machine Head,[8] Pantera,[9] Exhorder,[4] White Zombie, Fear Factory, King's X, Lamb of God,[10] Sepultura,[11][12] Soulfly,[13] Cavalera Conspiracy, Gojira,[9][14] Throwdown,[15] Alien Weaponry, Nevermore,[16] Byzantine,[17] o último período da era Bush de Anthrax,[10] Spiritual Beggars,[18] Texas Hippie Coalition e Five Finger Death Punch.[19] A veterana banda de thrash Annihilator deixouse levar por Roadrunner Records en 1993, cando a tendencia groove metal comezou a ser promocionada polo selo.[20] Durante os anos 90 o termo foi ocasionalmente usado para describir a bandas de metal alternativo con influencias funk como Primus[21] e Jane's Addiction.

Influencia noutros xéneros editar

Bandas pioneiras do groove metal como Pantera (orixinalmente un grupo de glam metal e speed metal nos 80)[5][6] e Sepultura (orixinalmente tocando thrash metal e death metal)[11] sentaron as bases para o nu metal nos 90 e algúns desenvolvementos do metalcore nos 2000.[22] O nu metal é un subxénero do metal alternativo[22] que utiliza riffs con afinacións máis baixas, un compás máis influenciado polo hip hop accesible para rapear e facer turntablism[23], e ritmos groove metal,[2] carecendo normalmente de solos de guitarra e arranxos complexos.[24] O metalcore enfatiza as características xerais do heavy metal ademais dos breakdowns,[25] que son pasaxes máis lentos e intensos que conducen ao moshing.[26]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Christe, Ian (2003). Sound of the Beast: The Complete Headbanging History of Heavy Metal. HarperEntertainment. pp. 264. ISBN 978-0060523626. 
  2. 2,0 2,1 Tompkins, Joseph (2009). "What's the Deal with Soundtrack Albums? Metal Music and the Customized Aesthetics of Contemporary Horror". Cinema Journal 49 (1). 
  3. "Biografía de Pantera". Allmusic. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 Simmonds, Jeremy (2008). The Encyclopedia of Dead Rock Stars: Heroin, Handguns, and Ham Sandwiches (en Encyclopedia). Chicago Review Press. p. 535. ISBN 978-1-55652-754-8. 
  5. 5,0 5,1 "Best Pantera Albums". ThoughtCo. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 "Pantera - Projects in the Jungle". Allmusic. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  7. "Rediscovered Steel - Prong's 'Beg to Differ'". Noisecreep. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  8. "Biografía de Face Down". Allmusic. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  9. 9,0 9,1 "Gojira - Terra Incognita". Allmusic. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  10. 10,0 10,1 "Lazarus A.D. - Black Rivers Flow". Allmusic. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  11. 11,0 11,1 "Best Sepultura Albums". ThoughtCo. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  12. "Ankla: Steep Trails". PopMatters. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  13. "Soulfly - Conquer". Allmusic. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  14. "Biografía de Gojira". Allmusic. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  15. "Throwdown - Deathless". Allmusic. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  16. "Nevermore". Encyclopaedia Metallum. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  17. "Byzantine - Oblivion Beckons". Allmusic. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  18. "Spiritual Beggars - Mantra III". Allmusic. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  19. "Five Finger Death Punch – ‘American Capitalist’ review". ZME Music. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  20. "Annihilator Haven’t Played North America Since 1993". Noise Creep. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  21. "Primus To Tour U.S. In November". MTV. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  22. 22,0 22,1 "Alternative Metal". Allmusic. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  23. "History and Styles of Heavy Metal". ThoughtCo. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  24. Pieslak, Jonathan (2008). "Sound, text and identity in Korn's 'Hey Daddy" 27. Popular Music: 35–52. 
  25. "Live: Trivium, the Jackson 5 of Underground Metal". The Village Voice. Archived from the original on 17 de xaneiro de 2010. Consultado o 27 de setembro de 2018. 
  26. Blush, Steven (2001). American Hardcore: A Tribal History. Feral House. p. 193. ISBN 9780922915712.