Fear Factory é unha banda de metal dos Ánxeles fundada por Raymond Herrera, Dino Cazares e Burton C. Bell en 1990. Ao longo da súa carreira o grupo publicou oito álbums de estudio e evolucionou a través de varios estilos, como o metal industrial, o death metal, o groove metal e o thrash metal.

Fear Factory
OrixeOs Ánxeles (California) ,
Período1990-2002
2004-actualidade
Xénero(s)death metal, metal industrial, death metal melódico, groove metal
Selo(s) discográfico(s)Liquid 8 Records
Roadrunner Records UK
MembrosMilo Silvestro
Dino Cazares
Tony Campos
Mike Heller
Antigos membrosBurton C. Bell
Andrew Shives
Na rede
www.fearfactory.com
IMDB: nm2311354 Facebook: fearfactory Twitter: Fear_Factory Instagram: fearfactory MySpace: fearfactoryofficial Youtube: UCEtBVHMgm0oLyERk3apcM7Q Souncloud: fearfactory Spotify: 74Hj7BmnUXyx2udrIEIKwX iTunes: 15773169 Last fm: Fear+Factory Musicbrainz: c17f08f4-2542-46fb-97f3-3202d60c225a Songkick: 203691 Discogs: 11610 Allmusic: mn0000167320 Deezer: 2985 Genius: Fear-factory Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Orixe da banda

editar

O proxecto de Fear Factory naceu en 1988 nos Ánxeles co nome de "Ulceration", da man de Raymond Herrera e Dino Cazares, que compuxeron o primeiro tema paseando a noite de Halloween. A finais de 1989 entra no grupo Burton C. Bell e o nome foi cambiado polo de Fear Factory. "Ulceration" era tamén o nome dun dos temas do seu primeiro álbum Concrete.

Fear Factory é unha das maiores influencias da música extrema, tanto pola súa técnica como polo seu son orixinal e independente que creou un estilo propio. Foi a primeira banda que incorporou voces limpas nun son death metal. Comezaron a súa traxectoria musical como unha banda de Death Metal cos discos Concrete e Soul Of A New Machine, pero con grandes influencias de grupos como Napalm Death, Godflesh, Ministry, Neurosis e outras bandas industriais e Grindcore/death metal. Despois pasaron a industrial/death metal con Demanufacture, e posteriormente a Industrial Metal co disco Obsolete.

O inicio da carreira profesional tivo como punto de partida unha recomendación de Max Cavalera, da banda Sepultura, á discográfica Roadrunner Records, mercede ó álbum Concrete. Previamente Fear Factory enviara o disco a Earache Records, que os rexeitaron por parecerse demasiado a Napalm Death e a Godflesh.

Con Roadrunner editaron o álbum Soul of a new machine en 1992. O disco non tivo moito éxito, pero brindoulles a oportunidade de facer unha xira polos Estados Unidos con outras bandas como Sepultura, Biohazard ou Sick of It all. Mesmo viaxaron a Europa da man de Brutal Truth. Para as xiras contrataron a Andrew Shives como baixista, encargándose Dino Cazares da guitarra malia ser el quen gravara o baixo para o disco.

Ó ano seguinte editaron Fear Is the Mind Killer, un EP máis experimental que o traballo anterior. O disco estaba composto por temas que xa aperecían en Soul Of A New Machine, pero voltos a mesturar por Rhys Fulber e Bill Leeb de Front Line Assembly. Este disco tamén marcou o debut na banda do teclista Reynor Diego.

Tralo despido de Andrew Shives en 1994, encontraron a Christian Olde Wolbers a través do cantante/guitarrista Evan Seinfeld de Biohazard. Christian estaba nese momento de vacacións nos Ánxeles, xa que el vivía en Bélxica, pero accedeu a unirse ó grupo para a gravación do seguinte disco.

Demanufacture, a consagración

editar

En 1995 Fear Factory saltou á fama da man do álbum Demanufacture, a través do selo discográfico Roadrunner, conseguindo o apoio unánime da crítica e o público. O éxito levounos a unha gran xira durante os dous seguintes anos, abríndolles as portas de grandes festivais internacionais, como o Ozzfest, nos que compartiron escenario con grandes grupos como Black Sabbath, Iron Maiden ou Megadeth. Este disco marcou o recoñecemento de Fear Factory como unha das bandas máis importantes e innovadoras do metal. Neste disco pódense observar claramente os elementos que caracterizan a banda e que a distinguiron das demais, gañándose un sitio dentro dos grandes do metal. Por un lado está a perfecta sincronización entre os potentísimos riffs de guitarra de Dino e a rápida batería de Herrera, que, complementado co baixo de Christian, lle daban un carácter extremo ó disco. Tamén é moi importante agregarlle o gran traballo de Burton C. Bell, que é quen de mesturar voces próximas ó death metal, con coros cunha voz sumamente limpa e melódica.

Os principais temas deste disco son "Replica" (do que se gravou un videoclip), que é o tema máis melódico do disco; "Zero Signal", que supón o máximo expoñente da forza e rapidez da banda; e "Self Bias Resistor", que destaca polos seus memorables coros. Tamén cómpre salientar temas como "New Breed", onde se aprecia maxistralemnte a unión de elementos metaleiros coa música electrónica.

En 1997 lanzan o Remanufacture, que consistía en novas mesturas de tódolos temas de Demanufacture, deixando claras as influencias da música electrónica sobre a banda.

Obsolete, disco de ouro

editar

En 1998, tres anos despois do Demanufacture, a banda edita o disco Obsolete, volvendo a repetir éxito e comezando deseguido novas xiras con bandas como Slayer ou Rammstein. Obsolete, en termos de vendas, foi o disco de máis éxito de Fear Factory, chegando a ser disco de ouro nos Estados Unidos. Foi un dos grandes éxitos do momento do selo Roadrunner. Seguiu o camiño do anterior, Industrial Metal, ademais de seguir mesturando voces desgarradoras con voces limpas nos coros. Malia esta liña xeral de continuidade, tamén se incluíron temas máis comerciais como "Edgecrusher", no que por primeira vez se engadían elementos máis próximos ó nu metal, aínda que finalmente primou absolutamente un estilo máis achegado ó de Demanufacture. Aínda que a vea experimental se observou máis controlada, neste disco se decidiron por introducir violas, violíns e violoncellos en boa parte das cancións, dándolle un toque máis épico a algúns temas.

Os temas máis importantes do disco é "Shock", onde se aprecia o clásico de Fear Factory, metal industrial con liñas vocais que xiran para soar ben salvaxes e desgarradas ou ben como himnos. Ó longo do álbum a tensión musical vai crecendo, destacando entre medio temas escuros como "Freedom or Fire" e outros máis melódicos como "Descent", ata chegar ó tema "Resurrection", a canción máis sorprendente do álbum e posiblemente a máis melódica de Fear Factory ata entón. Os coros deste tema convertéronse indubidablemente nun dos himnos máis memorables da banda. Deste tema tamén se gravou un vídeo. Deste disco se publicaría máis adiante unha edición especial para coleccionistas, na que se inclúe entre outros, o tema "Cars", unha versión de Gary Numan, ademais de ser esta a primeira vez que a banda experimenta cun tema pop, aínda que sen perder en ningún caso o seu selo característico.

Digimortal e o acercamento ó Nu Metal

editar

Tralo exitoso Obsolete xurdiron disputas na banda sobre o estilo que Fear Factory debía seguir. Por un lado Dino Cazares inclinábase por regresar ás raíces do emblemático Demanufacture, e o resto dos membros preferían agregar ó disco elementos con influencias do rap. Finalmente impúxose a visión da maioría, e en 2001 viu a luz o seguinte álbum, Digimortal. Este álbum foi bastante criticado debido ás similitudes do mesmo co estilo Nu metal, afastándose en certo modo da agresividade dos seus anteriores traballos e producindo tensións entre os membros do grupo. Aínda que a moitos lles pareceu que este disco era a evolución natural dunha banda que ampliaba o seu público, a outros pareceulles unha verdadeira decepción seguir un estilo que consideraban excesivamente comercial e afastado das raíces dos seus grandes traballos anteriores. Malia que Digimortal estivo lonxe de ser un fracaso en termos comerciais, foi incapaz de igualar o seu antecesor Obsolete, causando gran tensión e frustración entre os membros da banda e tensións co selo discográfico.

Malia o excelente son do disco, as influencias do Nu Metal están moi presentes, incluso en temas como "Back the Fuck Up", que Burton C.Bell canta xunto a un membro do grupo de hip-hop Cypress Hill. Un tema destacable é "Dark Bodies", que é unha balada xa "clásica" de Fear Factory, mesturando pasaxes tranquilas coa brutalidade característica da banda. Outras cancións importantes son "Damaged", onde por momentos recuperan o son metaleiro habitual da banda, e "Digimortal". "Linchpin" é o tema principal do disco, cunha melodía moi rechamante, sendo un dos temas máis recordados do disco. Deste tema gravouse un vídeo, que foi o último onde se poden ver os catro membros orixinais xuntos.

A separación

editar

Finalmente, tralos problemas xurdidos tras Digimortal, en marzo de 2002 o grupo disolveuse. Sumado ás diferenzas musicais, tamén existían fortes problemas de convivencia entre Dino Cazares e Burton C. Bell, aínda que tamén cos demais membros. A finais dese ano anunciouse o regreso da banda sen Dino Cazares, co que a formación cambiou, pasando Christian Olde Wolbers á guitarra, para dar espazo ó novo baixista, procedente de Strapping Young Lad, Byron Stroud. Sobre o cambio de Chirstian do baixo á guitarra, Raymond Herrera asegurou que:
Christian era de lonxe máis capaz de facer o traballo. É moito máis rápido e preciso. É mellor guitarrista que Dino. E podo decilo porque se alguén sabe o bo que é Dino, son eu. Vin a Christian facer cousas ás que Dino nunca chegaría. Pode tocar abertamente, nun estilo realmente épico. É máis multifacético que Dino. Non teño nada contra Dino. Dino era moi bo no que facía. Só que Christian é quen de facer o mesmo e outras cousas máis. Creo que é interesante. É xenial, ¿quen sabe? Quizais se Christian escribise máis na guitarra na época de Dino, as cousas serían distintas. Nunca se nos ocorreu antes porque todo funcionaba ben.

Porén, o ex-guitarrista da banda defendeuse argumentando que el xunto a Raymond foron os compositores dos principais discos (Soul of a New Machine, Demanufacture e Obsolete) e que Christian apenas colaborou, sendo a súa principal achega o fracasado Digimortal. Ademais acusou a Christian de imitar os riffs seus, argumentando que o seu mellor traballo é copiar ben a súa forma de tocar a guitarra. Incluso ó escoitar o disco Archetype, ironizou dicindo que pensou que era el o que estaba tocando.

O regreso

editar

A comezos de 2004 coñeceuse que o grupo estaba traballando nun novo disco coa discográfica Liquid 8 records. En abril lanzaron Archetype, considerado un dos mellores álbums da súa carreira, e que os devolve ó seu estilo industrial/death metal. Neste disco abandonan definitivamente o estilo Nu Metal para volver ás súas raíces, máis próximas ó Demanufacture. Durante todo o disco os temas amosan grande agresividade, destacando os temas "Slave Labor", "Archetype" e "Cyberwaste".

Este traballo tivo un moderado éxito que lles permitiu enderezar a súa traxectoria e lles deu confianza para lanzar un segundo disco en agosto de 2005. Este foi titulado Transgression e supuxo un paso adiante na evolución do son de Fear Factory tomando elementos máis melódicos pero intentando manter a forza que os caracterizaba. Incluso neste disco se incluíu unha versión de U2, a canción "I Will Follow", na que o grupo interpreta un tema pop mantendo o seu estilo. Malia isto o disco tivo algunhas críticas polo peculiar cambio de estilo, pero Fear Factory defendeuse argumentando que Transgression era un disco experimental.

Membros

editar
  • Dino Cazares – guitarra, coros (1989–2002, 2009–presente)
  • Tony Campos – baixo, coros (2015–presente)
  • Milo Silvestro – voz (2023–presente)
  • Pete Webber – batería (2023–presente)

Membros anteriores

editar

Membros de estudio

editar
  • Rhys Fulber – teclados, samplers (1993–2002, 2003–2004, 2009–presente)
  • Reynor Diego – teclados, samplers (1992–1995)
  • Steve Tushar – teclados, sintetizadores, samplers (1995–1997, 2003–2005)
  • John Morgan – teclados, samplers (1997)
  • John Bechdel – teclados, sintetizadores, samplers (1998–2002, 2002–2004)

Liña temporal

editar

Discografía

editar

Álbums

editar

Sinxelos

editar

Notas