A grafoloxía é unha pseudociencia[1] que se centra na investigación de certas cualidades individuais ou mesmo do carácter do escribente mediante a súa caligrafía e a sinatura. Mentres moitos a consideran unha sorte de adiviñación sen base científica, outros cren firmemente nos seus resultados. O certo é que algunhas das súas conclusións son verificables.[Cómpre referencia] Para a análise xeral estúdanse certos detalles da escrita, entre os que destacan:

  • a dirección e distancia entre alíneas;
  • a forma das letras e dos seus trazos (curvas, rectas, círculos pechados);
  • a inclinación de cada letra particular;
  • a elaboración e espontaneidade na escrita;
  • a lexibilidade, tanto na escrita coma na sinatura;
Sinatura de Victor Hugo.
Sinatura de Shakespeare.

En termos xerais, pódese dicir que a parte superior do papel é o mundo espiritual ou das ideas, do idealismo, mentres que a parte inferior é o pragmatismo e a vida material. Do mesmo xeito, as direccións na dirección do avance da liña (de esquerda a dereita) son o futuro mentres que o contrario (o retroceso) é o pasado.

Certas letras son coñecidas por evidenciar certos aspectos da personalidade. Así, por exemplo:

  • a letra g amosa a vida sexual;
  • o t transparenta a vida familiar e a protección ós fillos e achegados;
  • o ñ e outras letras con diacríticos dan conta do detallismo; etc.

Notas editar

  1. Xatakaciencia.com (ed.). "La grafología es una pseudociencia, pero ¿al menos podría servir para identificar suicidas?". Consultado o 11 de novembro de 2019. Que la grafología tiene el mismo sostén científico que la astrología, es decir, validez nula, tal y como sugieren los estudios al respecto o afirman instituciones como la Sociedad Británica de Psicología.Sin embargo, al menos podría servir para descubrir si el autor de un texto es un hombre o una mujer. O si tiene tendencias suicidas. Es lo que sugiere una investigación publicada en el International Journal of Clinical Practice en 2010