Domingos Paciência

Domingos José Paciência Oliveira, coñecido simplemente como Domingos, nado en Leça da Palmeira o 2 de xaneiro de 1969, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol portugués. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección portuguesa. É pai do futbolista Gonçalo Paciência.

Domingos
Información persoal
Nome Domingos José Paciência Oliveira
Nacemento 2 de xaneiro de 1969 (55 anos)
Lugar de nacemento Leça da Palmeira
Altura 1,75 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1980–1982 Académica Leça
1982–1987 Porto
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1987–1997 Porto 232 (97)
1997–1999 Tenerife 50 (6)
1999–2001 Porto 31 (9)
Total 313 (112)
Selección nacional
1986 Portugal sub-18 2 (0)
1987–1989 Portugal sub-21 4 (0)
1989–1998 Portugal 35 (9)
Adestrador
2001–2004 Porto B (asistente)
2004–2005 Porto B
2006–2007 União de Leiria
2007–2009 Académica de Coimbra
2009–2011 Braga
2011–2012 Sporting de Lisboa
2012–2013 Deportivo da Coruña
2014 Kayserispor
2014–2015 Vitória de Setúbal
2015 APOEL
2017–2018 Belenenses
Na rede
UEFA: 1704 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Adestrador editar

O 21 de xuño de 2009 anunciouse a súa contratación polo SC Braga,[1] club que posicionou segundo ao remate da tempada 2009–10 por primeira vez na súa historia, conseguindo clasificarse para a UEFA Champions League, por primeira vez, na tempada 2010–11. Nesta competición o equipo quedou eliminado na fase de grupos; pero o seu terceiro posto permitiulle ser repescado para xogar a UEFA Europa League, onde tamén fixo historia: chegou á final do torneo, que perdeu contra o FC Porto (1–0) con gol do colombiano Radamel Falcao.[2]

En maio de 2011 foi anunciado como adestrador do Sporting de Lisboa de cara á tempada 2011–12.[3] O 13 de febreiro de 2012 rescindiu o seu contrato co club lisboeta ao encadear unha mala racha de resultados, sendo substituído por Ricardo Sá Pinto.[4]

O 30 de decembro de 2012 foi anunciado como novo adestrador do Deportivo da Coruña, en substitución de José Luis Oltra.[5] O seu debut no banquiño do conxunto galego saldouse cunha vitoria fronte ao Málaga CF en Riazor, dous meses despois da última vitoria do Deportivo.[6] O 11 de febreiro de 2013 deixou de ser adestrador do club galego, logo de 1 vitoria, 1 empate e 4 derrotas.[7]

Palmarés editar

Xogador editar

Porto

Adestrador editar

Braga

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar