Gonçalo Paciência

futbolista portugués

Gonçalo Mendes Paciência, nado no Porto o 1 de agosto de 1994, é un futbolista portugués. Xoga de dienteiro e o seu equipo é o Real Club Celta de Vigo da Primeira División de fútbol española[1].

Gonçalo Mendes Paciência
Paciência durante un partido co Eintracht Frankfurt fronte ao Borussia Mönchengladbach.
Información persoal
Nome Gonçalo Mendes Paciência
Nacemento 1 de agosto de 1994
Lugar de nacemento Porto
Altura 184 cm
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Celta de Vigo
Na rede
IMDB: nm10845280 UEFA: 250024754 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O seu pai é o exfutbolista Domingos Paciência.

Traxectoria

editar

Comezou a adestrar na canteira do FC Porto, onde debutou en 2014. Posteriormente foi cedido a varios equipos da liga portuguesa, así coma ao Olympiacos FC de Grecia. Tamén xogou nos equipos alemáns FC Schalke 04 e Eintracht Fráncfort.

O 6 de agosto de 2022 oficializouse a súa fichaxe polo RC Celta, cun contrato até xuño de 2025.

Selección nacional

editar

O 14 de novembro de 2017 debutou coa selección de Portugal contra os Estados Unidos.

Palmarés

editar

Títulos nacionais

editar
Título Club País Ano
Superliga de Grecia Olympiacos F. C.   Grecia 2017
Primeira Liga F. C. Porto   Portugal 2018

Títulos internacionais

editar
Título Club Sede Ano
Liga Europa da UEFA Eintracht Fráncfort   España (Sevilla) 2022
  1. "Gonçalo Paciência". Transfermarkt. Consultado o 7 de outubro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar