Domingos Paciência
Domingos José Paciência Oliveira, coñecido simplemente como Domingos, nado en Leça da Palmeira o 2 de xaneiro de 1969, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol portugués. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección portuguesa. É pai do futbolista Gonçalo Paciência.
Domingos | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Domingos José Paciência Oliveira | ||
Nacemento | 2 de xaneiro de 1969 (55 anos) | ||
Lugar de nacemento | Leça da Palmeira | ||
Altura | 1,75 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1980–1982 | Académica Leça | ||
1982–1987 | Porto | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1987–1997 | Porto | 232 | (97) |
1997–1999 | Tenerife | 50 | (6) |
1999–2001 | Porto | 31 | (9) |
Total | 313 | (112) | |
Selección nacional | |||
1986 | Portugal sub-18 | 2 | (0) |
1987–1989 | Portugal sub-21 | 4 | (0) |
1989–1998 | Portugal | 35 | (9) |
Adestrador | |||
2001–2004 | Porto B (asistente) | ||
2004–2005 | Porto B | ||
2006–2007 | União de Leiria | ||
2007–2009 | Académica de Coimbra | ||
2009–2011 | Braga | ||
2011–2012 | Sporting de Lisboa | ||
2012–2013 | Deportivo da Coruña | ||
2014 | Kayserispor | ||
2014–2015 | Vitória de Setúbal | ||
2015 | APOEL | ||
2017–2018 | Belenenses | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Adestrador editar
O 21 de xuño de 2009 anunciouse a súa contratación polo SC Braga,[1] club que posicionou segundo ao remate da tempada 2009–10 por primeira vez na súa historia, conseguindo clasificarse para a UEFA Champions League, por primeira vez, na tempada 2010–11. Nesta competición o equipo quedou eliminado na fase de grupos; pero o seu terceiro posto permitiulle ser repescado para xogar a UEFA Europa League, onde tamén fixo historia: chegou á final do torneo, que perdeu contra o FC Porto (1–0) con gol do colombiano Radamel Falcao.[2]
En maio de 2011 foi anunciado como adestrador do Sporting de Lisboa de cara á tempada 2011–12.[3] O 13 de febreiro de 2012 rescindiu o seu contrato co club lisboeta ao encadear unha mala racha de resultados, sendo substituído por Ricardo Sá Pinto.[4]
O 30 de decembro de 2012 foi anunciado como novo adestrador do Deportivo da Coruña, en substitución de José Luis Oltra.[5] O seu debut no banquiño do conxunto galego saldouse cunha vitoria fronte ao Málaga CF en Riazor, dous meses despois da última vitoria do Deportivo.[6] O 11 de febreiro de 2013 deixou de ser adestrador do club galego, logo de 1 vitoria, 1 empate e 4 derrotas.[7]
Palmarés editar
Xogador editar
- Porto
- Liga de Portugal: 1987–88, 1989–90, 1991–92, 1992–93, 1994–95, 1995–96, 1996–97
- Copa de Portugal: 1987–88, 1990–91, 1993–94, 1999–2000, 2000–01
- Supercopa de Portugal: 1991, 1992, 1994, 1995, 1999, 2000
Adestrador editar
- Braga
- UEFA Europa League: Finalista 2010–11
Notas editar
- ↑ "Domingos Paciência, nuevo entrenador del Braga"
- ↑ ""Falcao hace campeón al Oporto por la mínima"". Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2011. Consultado o 07 de xaneiro de 2013.
- ↑ ""Domingos Paciencia será el nuevo entrenador del Sporting de Lisboa"". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 07 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Domingos Paciencia deja de ser el técnico del Sporting de Portugal"
- ↑ "Domingos Paciência, nuevo entrenador del Deportivo"
- ↑ "La mano de Paciencia"
- ↑ "Paciência deja de ser el entrenador del Deportivo"
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Datos do xogador en ceroacero.es (en castelán)
- Datos do xogador en foradejogo.net Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en portugués)
- Datos do adestrador en foradejogo.net Arquivado 05 de novembro de 2012 en Wayback Machine. (en portugués)
- Datos do xogador en national-football-teams.com (en inglés)