Radamel Falcao
futbolista colombiano
Radamel Falcao García Zárate, nado en Santa Marta (Magdalena) o 10 de febreiro de 1986, é un futbolista colombiano. Xoga de dianteiro e o seu actual club é o Rayo Vallecano da Liga Santander.
Radamel Falcao | |||
---|---|---|---|
Falcao con Colombia no Mundial de 2018. | |||
Información persoal | |||
Nome | Radamel Falcao García Zárate | ||
Nacemento | 10 de febreiro de 1986 (38 anos) | ||
Lugar de nacemento | Santa Marta | ||
Altura | 1,77 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Rayo Vallecano | ||
Número | 16 | ||
Carreira xuvenil | |||
1996–2000 | Millonarios | ||
2001–2005 | River Plate | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2005–2009 | River Plate | 90 | (34) |
2009–2011 | Porto | 51 | (41) |
2011–2013 | Atlético de Madrid | 67 | (52) |
2013–2019 | Monaco | 107 | (65) |
2014–2015 | → Manchester United (cedido) | 26 | (4) |
2015–2016 | → Chelsea (cedido) | 11 | (1) |
2019–2021 | Galatasaray | 34 | (19) |
2021– | Rayo Vallecano | 0 | (0) |
Selección nacional | |||
2007– | Colombia | 94 | (35) |
Na rede | |||
http://www.falcao.co | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 16 de agosto de 2021. Selección: actualizado a 9 de setembro de 2021.[ editar datos en Wikidata ] | |||
É fillo do exfutbolista Radamel García.
Traxectoria editar
Falcao xogou os primeiros anos da súa carreira no River Plate. Despois, foi un dos xogadores principais no Porto que se proclamou campión da UEFA Europa League da tempada 2010-11, e que rematou a Primeira Liga 2010/11 sen perder ningún partido. En xullo de 2011, foi nomeado quinto mellor xogador en Europa na tempada 2010-11.
Falcao é coñecido polo seu olfacto goleador e polo seu poderoso remate de cabeza, ademais da súa habilidade para rematar coas dúas pernas.
Palmarés editar
Club editar
- River Plate
- Primeira División da Arxentina (1): Clausura 2008
- Porto
- UEFA Europa League (1): 2011
- Primeira Liga (1): 2011
- Taça de Portugal: 2010, 2011
- Supercopa de Portugal: 2006
- Atlético de Madrid
- UEFA Europa League (1): 2012
- Supercopa de Europa (1): 2012
- Copa do Rei (1): 2013