Dave Lawrence Fridmann, nado en Buffalo, Nova York, é un produtor musical e músico estadounidense. Fridmann é ademais propietario dos Tarbox Road Studios fundados en 1997[1] en Cassadaga, Nova York.

Infotaula de personaDave Fridmann
Biografía
Nacemento19 de xuño de 1946 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Buffalo, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónState University of New York at Fredonia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprodutor musical , compositor , enxeñeiro de son , músico , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor em Wikidata -
InstrumentoBaixo, Teclado e guitarra Editar o valor em Wikidata

Páxina webdavefridmann.com… Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1477660 Musicbrainz: 6b09687f-72de-4337-9a0b-da8f6248ce7c Discogs: 208546 Allmusic: mn0000685090 Editar o valor em Wikidata

Carreira editar

Na súa adolescencia Fridmann tocou a guitarra, os teclados e o baixo en varias bandas locais da área de Buffalo, Nova York. A finais dos 80 foi o baixista da formación orixinal da banda de indie rock Mercury Rev,[2] deixando o grupo en 1993 para ccentrarse no seu traballo como produtor.

A partir de 1990 engargouse de coproducir a meirande parte dos lanzamentos de Mercury Rev e The Flaming Lips. Tamén traballou con artistas como Weezer, Saxon Shore, Neon Indian, Wolf Gang, Ammonia, Ed Harcourt, Sparklehorse, Café Tacuba, Creaming Jesus, Elf Power, Mogwai, Thursday, Longwave, Mass of the Fermenting Dregs, The Delgados, Low, Phantom Planet, Gemma Hayes, Goldrush, Tapes 'n Tapes, Hopewell, Black Moth Super Rainbow, Number Girl, Jed Davis, Zazen Boys, Sleater-Kinney e Clap Your Hands Say Yeah.[3] Recentemente traballou nos últimos discos de MGMT, Neil Finn, The Cribs, OK Go, Tame Impala, Lord Huron, Baroness, Spoon e Interpol.[4]

No ano 2001 Fridmann foi incluído na lista da revista Mojo dos 100 Sonic Visionaries e foi descrito como "o Phil Spector da era do rock alternativo".[5] En 2007 gañou un Grammy polo seu traballo no álbum de The Flaming Lips At War With The Mystics. En 2010 tres dos discos producidos por Fridmann foron incluídos na lista dos 100 mellores álbums da década da Rolling Stone: Oracular Spectacular de MGMT, Yoshimi Battles The Pink Robots de The Flaming Lips, e The Woods de Sleater-Kinney.[6]

Notas editar

  1. "Info". www.tarboxroadstudios.com. Consultado o 2020-11-13. 
  2. "Dave Fridmann - Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-11-13. 
  3. "Main". www.davefridmann.com. Consultado o 2020-11-13. 
  4. "Dave Fridmann - Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-11-13. 
  5. "100 Sonic Visionaries" (PDF). Mojo. 2011-07-08. Archived from the original on 08 de xullo de 2011. Consultado o 2020-11-13. 
  6. Stone, Rolling; Stone, Rolling (2011-07-18). "100 Best Albums of the 2000s". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-11-13.