The Cribs

The Cribs é unha banda inglesa de indie rock procedente de Wakefield, Yorkshire Occidental. O grupo está formado polos xemelgos Gary e Ryan Jarman e o seu irmán menos Ross. Posteriormente uníuselles o guitarristas de The Smiths e Modest Mouse Johnny Marr, que se converteu en membro formal en 2008. Marr sería parte da banda ata o ano 2011; a súa marcha foi anunciada oficialmente o 11 de abril a través da páxina do grupo. A banda foi inicialmente relacionada con outros grupos afíns do Reino Unido, destacando a The Libertines, por unha prensa musical que estaba buscando unha "retagarda británica" á marea de populares grupos de rock alternativo dos Estados Unidos da época.

The Cribs
Cribs Manchester Apollo.jpg
OrixeWakefield, Yorkshire Occidental, Inglaterra Inglaterra
Período2002 - presente
Xénero(s)indie rock, rock alternativo, garage rock, punk rock, lo-fi
Selo(s) discográfico(s)Sony, Arts & Crafts, Hostess, Wichita, Warner Bros., Universal, V2
MembrosGary Jarman
Ryan Jarman
Ross Jarman
Antigos membrosJohnny Marr
Artistas relacionadosThe Smiths, Modest Mouse
Páxina webhttp://www.thecribs.com/

DiscografíaEditar

Álbum Ano Selo
The Cribs 2004 Wichita Recordings
The New Fellas 2005 Wichita Recordings
Men's Needs, Women's Needs, Whatever 2007 Wichita Recordings, Warner Bros. Records
Ignore the Ignorant 2009 Wichita Recordings, Warner Bros. Records
In the Belly of the Brazen Bull 2012 Wichita Recordings
For All My Sisters 2015 Sonic Blew / Sony RED UK, Arts & Crafts Productions

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar