Abrir o menú principal

The Libertines é unha banda inglesa formada en Londres en 1997 por Carl Barât (voces/guitarra) e Pete Doherty (voces/guitarra). O grupo, centrado na parella de compositores formada por Barât e Doherty, tamén inclue a John Hassall (baixo) e a Gary Powell (batería). A banda é unha das principais representantes do movemento garage rock revival no Reino Unido.

The Libertines
The Libertines at HMV Forum (11).jpg
OrixeLondres, Inglaterra Inglaterra
Período1997 - 2004
2010 - presente
Xénero(s)post-punk revival, garage rock revival, indie rock
Selo(s) discográfico(s)Rough Trade
MembrosCarl Barât
Pete Doherty
John Hassall
Gary Powell
Antigos membrosSteve Bedlow
Johnny Borrell
Paul Dufour
Páxina webhttp://www.thelibertines.com/

A banda conseguiu certa notoriedade a principios doas anos 2000. A pesar de que o seu éxito entre o gran público foi inicialmente limitado, este medrou rapidamente, chegando a conseguir un sinxelo número 2 e un álbum número 1 no Reino Unido. En decembro do ano 2004, o seu auto-titulado segundo álbuma foi votado o segundo mellor álbum do ano pola revista NME. Ambolosdous discos do grupo foron producidos por Mick Jones, da banda The Clash.

A pesar do seu éxito de crítica, a música da banda foi eclipsada acotío polos seus conflitos internos, derivados da adición de Doherty ao crack e á heroína, que finalmente levou á ruptura da banda. Doherty ten afirmado que a separación debeuse ás difíciles relacións entre el e Barât, e no ao seus problemas coas drogas.

E agosto do 2010 os catro membros de The Libertines reuníronse para realizar unha serie de concertos, que recibiron unha resposta positiva dos seareiros e a prensa.

DiscografíaEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar