Tame Impala é un proxecto musical de rock psicodélico liderado polo multiinstrumentista australiano Kevin Parker.[4] Fundada na cidade de Perth no ano 2007, o grupo fíxose famoso no ano 2010 co lanzamento do seu álbum de estrea, Innerspeaker, certificado como disco de ouro en Australia e ben recibido pola crítica. Lonerism tamén foi aclamado e obtivo a certificación de platino en Australia. O terceiro disco da banda, Currents, foi lanzado o 17 de xullo de 2015, un ano despois, Parker anunciou na súa conta de Instagram que unha versión deluxe deste disco sería lanzada a finais de 2016.

Tame Impala
Tame Impala no 2014.
OrixePerth, Australia Australia
Período2007 - presente
Xénero(s)rock psicodélico,[1] pop psicodélico,[2] neopsicodelia,[3] dream pop, space rock
Selo(s) discográfico(s)Modular Recordings
Universal Music
Interescope Records
Fiction Records
MembrosKevin Parker
Dominic Simper
Jay Watson
Cam Avery
Julien Barbagallo
Antigos membrosNick Allbrook
Na rede
http://www.tameimpala.com/
Facebook: tameimpala Twitter: tameimpala Instagram: tame__impala MySpace: tameimpala Youtube: UCdI8MAC5HoPJSJ4zrgDDI-Q Souncloud: tame-impala Spotify: 5INjqkS1o8h1imAzPqGZBb iTunes: 290242959 Last fm: Tame+Impala Musicbrainz: 63aa26c3-d59b-4da4-84ac-716b54f1ef4d Songkick: 927852 Discogs: 1245513 Allmusic: mn0002014409 Deezer: 134790 Genius: Tame-impala Editar o valor em Wikidata

O nome do grupo procede dunha das guitarras de Parker, a Hagstrom Impala.

Membros editar

En directo editar

  • Kevin Parker: voz, guitarra e mirlitón (2007—presente).
  • Jay «Gumby» Watson: batería e coros (2007—2011), sintetizador, e ocasionalmente guitarra adicional (2012—presente).
  • Dominic Simper: baixo (2007—2010), guitarra e sintetizador (2010—presente).
  • Nick «Paisley Adams» Allbrook: guitarra e teclado (2009—2010), baixo (2010—presente).
  • Julien Barbagallo: batería e coros (2012—presente)

No estudio editar

  • Kevin Parker: voz, guitarra, baixo, batería, teclado.
  • Jay Watson: batería, teclado, guitarra.
  • Dominic Simper: percusión, baixo, guitarra, efectos.

Discografía editar

 
Kevin Parker nun concerto en Nova York.

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Innerspeaker 2010 Modular Recordings
Lonerism 2012 Modular Recordings
Currents 2015 Modular Recordings, Interscope Records
The Slow Rush 2020 Modular Recordings

Álbums en directo editar

  • Live at the Corner (2010)
  • Live Versions (2014)

EPs editar

  • Tame Impala [H.I.T.S. 003] (2008) (re-edición limitada, 2009)
  • Tame Impala EP (2008)

Notas editar

  1. The Guardian (ed.). "Tame Impala". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 3 de xullo de 2014. 
  2. Gregory Heaney (8 de outubro de 2012). AllMusic, ed. "Lonerism – Tame Impala | Songs, Reviews, Credits, Awards". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2014. Consultado o 3 de xullo de 2014. 
  3. Andrew Hatt (18 de decembro de 2018). Backyard Collusions, ed. "A New Trip for a New Era: The Neo-Psychedelia Explosion of the 2010s". Consultado o 17 de xuño de 2019. 
  4. AllMusic (ed.). "Tame Impala | Biography, Albums, & Streaming Radio | AllMusic". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2016. Consultado o 21 de xullo de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.