Orfismo ou cubismo órfico, foi un termo creado polo poeta francés Guillaume Apollinaire en 1912 para referirse ás pinturas de Robert Delaunay , relacionándoas con Orfeo, o poeta e símbolo das artes, da canción e da lira na mitoloxía grega. O termo tamén facía referencia á Sonia Terk, coñecida como Sonia Delaunay, e ó pintor checo Frantisek Kupka xunto con outros membros do Puteaux Group.

Fundado por Jacques Villon, o orfismo estaba relacionado co cubismo pero diferenciábase na súa lírica abstracción, vendo as pinturas como unha sensación de cores rechamantes. O movemento influenciou a artistas como Patrick Henry Bruce e Andrew Dasburg xunto ós membros do grupo alemán Blaue Reiter e ó movemento americano e do Synchromist. O movemento é a chave da evolución do cubismo cara á abstracción.

O Orfismo tamén está relacionado cunha antiga relixión grega nada no século 6 a. C.