Beka Burjanadze
baloncestista xeorxiano
Beka Burjanadze (en xeorxiano: ბექა ბურჯანაძე), nado o 3 de xaneiro de 1994 en Tbilisi, é un xogador profesional de baloncesto xeorxiano que xoga no Leyma Coruña da Liga LEB Ouro. Cunha estatura de 2,01 metros xoga na posición de ala.
Leyma Coruña – No. 77 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 3 de xaneiro de 1994 (30 anos) Tbilisi, Xeorxia |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 102 kg (225 lb) |
Posición | Ala |
Información da carreira | |
Carreira | 2011−presente |
Historial de equipos | |
Sevilla (2011–2014) Básquet Coruña (2014–2016) Andorra (2016–2018) Gipuzkoa (2018–2019) Gran Canaria (2018–2021) Real Betis (2021–2022) Pallacanestro Reggiana (2022–2023) Básquet Coruña (2023–presente) |
Traxectoria profesional editar
En setembro de 2014, rescindiu o seu contrato co CB Sevilla e fichou polo Básquet Coruña.[1] Tras dúas tempadas na Coruña, Burjanadze deu o salto á Liga ACB tras fichar polo BC Andorra.[2]
O 17 de agosto de 2018, anunciouse a súa fichaxe por unha tempada polo Gipuzkoa Basket da Liga ACB.[3]
O 17 de xuño de 2019, anunciouse a súa fichaxe por dúas tempadas co CB Gran Canaria da Liga ACB.[4]
O 18 de agosto de 2023, Burjanadze regresou ó Básquet Coruña da Liga LEB Ouro.[5]
Notas editar
- ↑ Beka Burjanadze se une al Leyma Básquet Coruña Arquivado 06 de outubro de 2014 en Wayback Machine.; ACB.com, 4 de outubro de 2014
- ↑ "Beka Burjanadze, el nuevo 4 del Morabanc Andorra". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2016. Consultado o 18 de xullo de 2016.
- ↑ Beqa Burjanadze se incorpora al Delteco GBC por una temporada
- ↑ Beqa Burjanadze firma con el Herbalife Gran Canaria
- ↑ "Beqa Burjanadze regresa al Leyma Coruña". basquetcoruña.com. 18 de agosto de 2023. Consultado o 18 de agosto de 2023.