Alicornio (barco): Diferenzas entre revisións

barco ficticio de Tintín
Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{Barco |nome = Alicornio |imaxe = 300px |título = |tamaño = |bandeiras = Ficheiro:Pavillon royal de la France.svg|48px|Pavill..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 22 de febreiro de 2020 ás 00:09

O Alicornio (francés: La Licorne) é un barco ficticio que aparece na serie de banda deseñada de As aventuras de Tintín, creada pola belga Hergé. A súa primeira aparición foi no álbum O segredo doAlicornio. O seu capitán foi o Cabaleiro Francisco de Hadoque, ao servizo do rei Luís XIV.

Alicornio
[[Ficheiro:Ficheiro:Unicorn (ship).png|]]
Historial Pavillón de Francia (1364-1638) Pavillón de Francia (1638-1791
Tipo Galeón
Autorizado Monarquía Francesa
Posta en grella Descoñecido (posiblemente c. 1688)
Botado Descoñecido (posiblemente c. 1690)
Destino Afundido no 1698 polo pirata ficticio Rackham o Roxo no mar das Antillas
Características xerais
Aparello Tres mástís
Armamento 50 canóns

Historia e cimentación

Foi no ano 1698, que O Alicornio partiu rumbo a Europa desde a Illa de Santo Domingo, no Mar das Antillas. Tras dous días navegando rumbo leste, o vixía anuncia un barco Pirata a babor. O Alicornio, intentando escapar do navío filibustero, vira alonxándose deste. Sen embargo, os piratas son máis rápidos que O Alicornio. O Cabaleiro Francisco de Hadoque ordena cargar os canóns, disparando contra o barco inimigo e o alcanza cos seus disparos. O capitaán pirata do barco inimigo, Rackham o Roxo, anuncia ao Galeón Real que será unha loita sen cuartel izandor unha bandeira vermella no palo de mesana. O pirata colócase detrás do Alicornio para evitar o lume dos canóns, e logo pasa baixo a popa deste. Os filibusteiros pasan ao abordaxe, e varios homes de ambos bandos resultan mortos e feridos. Durante o combate, Francisco mata ao lugartenente de Rackham o Roxo, Diego o Navarro.

Morte de Rackham o Roxo

Finalmente Francisco é prisionero dos piratas despois de que unha polea batera na súa cabeza e perdera o sentido. Desperta amarrado na cuberta ao pao maior. Tras un encontro con Rackham o Roxo, que lle dice que os seus piratas o mataran, espera ata a noite. Unha vez anoitecido o cabaleiro libérase das súas ataduras e baixa á santabarbara do barco (onde se gardan todas as municións e a pólvora). Tras un combate singular con Rackham o Roxo, onde este resulta morto, o Cabaleiro de Hadoque fai saltar o Alicornio en mil pedazos coa pólvora que estaba gardada, logo de escapar no bote á illa na que o barco atracara. Vivíu dous anos cos indíxenas, que fixeron un fetiche do Cabaleiro. Este, pola súa parte, espetou unha cruz na cima do monte da illa e contou todos os días que pasaban cunha raia pequena para os días da semana e unha gran para os domingos, como Robinson Crusoe.

Salvamento do Capitán Hadoque

Despois, un barco recolleuno e devolveuno ao seu país. Escribiu as súas memorias, que foron herdadas polos seus fillos ata o Capitán Haddock. Ademais, fabricou tres modelos do Alicornio en miniatura para os seus tres fillos. Díxolles que quitaran o pao maior, para "que a verdade fose completa". O que non sabían os seus fillos era que ao remover o pao maior atoparíanse cun pergamiño, que, ao unilo cos outros dous, revelaba as coordenadas onde estaba a illa preto de onde afundíu o Alicornio. dita illa non aparece en ningún mapa.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas