Abrir o menú principal


O Capitán Archibaldo Haddock, máis coñecido como Capitán Haddock (en francés Capitaine Haddock) é un personaxe ficticio creado por Hergé na súa serie As aventuras de Tintín, recoñecido por ser o mellor amigo de Tintín. Introducido en O caranguexo das tenaces de ouro como un personaxe secundario, o mariño transfórmase nas seguintes aventuras nunha das figuras principais da serie.

Haddock
Información editorial
EditorialCasterman
Primeira apariciónO caranguexo das tenaces de ouro
CreadoresHergé
Biografía ficticia
Nome completoArchibald Haddock
EspecieHumano
CompañeirosTintín, Milú, Hernández e Fernández, Profesor Tornasol

CaracterizaciónEditar

 
O "château de Cheverny" inspiración do Moulinsart propiedade do Capitán Haddock

Tras a súa aparición inicial, Haddock vai gañando protagonismo ao longo dos álbums, chegando ao momento de eclipsar ao mesmo Tintín por momentos.

Hergé declarou que o personaxe foille inspirado por Edgar Pierre Jacobs, aínda que o capitán foi creado antes de que estes dous homes coñecésense. En efecto, a riqueza de trazos deste personaxe pode compararse aos de figuras propias das novelas: unha das súas características é actuar como contrapunto de Tintín, nos momentos en que este se volve "demasiado idealista".

Como curiosidade, os lectores non coñeceron o nome de pila do personaxe senón ata o último álbum que Hergé completou, Tintín e os pícaros; aquí preséntase ao capitán como Archibaldo (Archibald na versión orixinal). O apelido do mariño xurdiu nunha conversación que o autor mantivo coa súa esposa, na cal ela mencionou que o haddock "era un triste peixe inglés".

O capitán é descendente doutro famoso home de mar, o cabaleiro Francisco (François) de Hadoque, mariño ao servizo do rei de Francia e gran inimigo do pirata Rackham o Vermello. Haddock adoita presentar unha vocación de cabaleiro-granxeiro continuamente contrariada, sobre todo logo do seu establecemento no castelo de Moulinsart (traducido como castelo do Muíño nalgúns álbums). En efecto, un whisky e unha boa pipa preto da cheminea parecen representar os seus ideais de vida máis profundos.

Idealista e de sólidas conviccións monárquicas, representa o arquetipo de cabaleiro do mar.

Outra das características deste personaxe é o seu gusto polo alcol, aínda que aquí hai que diferenciar dúas etapas da súa vida claramente distintas: antes do seu encontro con Tintín, o mariño era un borracho digno de mágoa, maltratado polo seu lugartenente Allan Thompson. Logo de coñecer ao reporteiro, as cousas cambian (aínda que non en forma inmediata) para o capitán, aínda que este non vaia estar sempre á altura do seu título de Presidente da Liga de Mariños Antialcohólicos.

Con todo, é a súa linguaxe o que fixo famoso a este personaxe, sobre todo as exclamacións que lanza nos seus momentos de ira: "troglodita", "ectoplasma", "parasito", "Pirata de entroido" son só algúns exemplos.

Véxase taménEditar