Serra do Laboreiro: Diferenzas entre revisións

accidente xeográfico entre Galicia e Portugal
Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: {{xeografía en progreso}} A '''Serra do Laboreiro''' é un macizo montañoso de perfís suaves situado entre Galiza e Portugal na denominada Raia Seca, que se eleva dende ...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 22 de outubro de 2007 ás 23:02


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

A Serra do Laboreiro é un macizo montañoso de perfís suaves situado entre Galiza e Portugal na denominada Raia Seca, que se eleva dende o val do río Deva para formar un amplio altiplano duns 1200m de altitude media que se extende pola freguesía portuguesa de Castro Laboreiro. Dos seus cumios nacen ríos que van ao Minho (Deva e Troncoso), ao Arnoia(Tuño e Ourille), e ao Limia (Cadós, Grou e Casal na vertente galega e Castro Laboreiro na portuguesa).

Extensión

Esta serra describe un arco cunha orientación NO-S que comeza no val do río Troncoso dirixíndose cara o leste entre os concellos galegos de Padrenda, Quintela de Leirado, Verea, Lobeira e Entrimo e o concello portugués de Melgaço; e prolóngase ao nordeste cara as Lombas da Pena da Edra. Extreman co Laboreiro a serra da Peneda, a serra de Queguas, o pequeno macizo do Coto de Fonte Santa e a serra da Moura.


Morfoloxía

O principal rasgo a destacar desta serra son as súas pendentes suaves orixinadas por unha prolongada erosión. Esta erosión foi desgastando os materiais que cubrían ás masas graníticas, as cales se formaron no interior da codia terrestre durante a oroxenia Hercínica, deixándoas ao descuberto en forma de grandes bloques, bolos ou penedos como o penedo de Penagache ou o penedo de Anamán. Esta composta por granodioritas na parte occidental, granitos de dúas micas na central e xistos na oriental.

Cumios

Seguindo a orientación desta serra dende o nacemento do río Troncoso, preto da aldea de Portelinha, destacan os seguintes cumios pola súa altitude ou morfoloxía:

  • Arrazís(Melgaço), 1175m.
  • Cabeço das Cuatro Fontes(Melgaço), 1170m.
  • Alto de Gontim(Melgaço), 1203m.
  • Pena Rubia(Padrenda), 1232m.
  • Alto da Basteira(Padrenda), 1217m.
  • Alto da Portela do Pao(Melgaço), 1232m.
  • Alto do Buscal(Melgaço), 1255m.
  • Alto da Mansao do Guerreiro(Melgaço), 1234m.
  • Penagache(Quintela de Leirado-Verea), 1226m.
  • Outeiro de Ferro(Verea-Melgaço), 1268m.
  • Froufe(Verea), 1245m.
  • Alto da Pregiça(Melgaço),1287m.
  • Gestoso(Melgaço), 1336m.
  • O Codesal(Lobeira), 1334m.
  • Pedroso(Melgaço), 1301m.
  • Penedo de Anamán(Melgaço), 1276m.

Historia

(en progreso)


Biodiversidade

Flora

A vexetación distribúese en dúas zonas diferenciadas:

  • A zona boscosa situada nos vales dos ríos e corgas, formada por carballos(Quercus robur), bidueiras, etc.
  • A zona de matogueira e pastos situada nas lombas e nos altiplanos da serra, formada por xesteiras, piornais, codesais, toxeiras, carqueixas, uces e pasteiros de gramíneas.

Fauna

(en progreso)


Accesos

Podemos dividir os accesos máis directos aos distintos lugares da serra:

  • Accesos a Pena Rubia, dende Melgaço por Portelinha ou Rodeiro e dende Padrenda por Lapela.
  • Acceso ás serras do Caunño, Castelo, Aguillón e Basteira, dende Padrenda por Gorgua e dende Quintela de Leirado por Mociños.
  • Acceso a Penagache e Outeiro de Ferro, dende Quintela de Leirado por Xacebáns e dende Verea polo Outeiro de Augas.
  • Acceso ao Codesal e ao Gestoso, dende Verea polo Outeiro de Augas, dende Lobeira por Fraga ou dende Melgaço por Seara.
  • Acceso ao penedo de Anamán e a Pedroso, dende Melgaço por Cainheiras.

Aproveitamento da Serra

Usos Agrarios

Usos turísticos