Marco Terencio Varrón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Marco Terencio Varrón"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 11 de abril de 2018 ás 17:18

Marco Terencio Varrón (en latín: Marcus Terentius Varro; Rieti, 116-27 a. C.) foi un polígrafo, militar e funcionario romano, orixinario da clase ecuestre.

Infotaula de personaMarco Terencio Varrón

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Marcus Terentius Varrō Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento116 a. C. Editar o valor em Wikidata
Rieti Editar o valor em Wikidata
Morte27 a. C. Editar o valor em Wikidata (88/89 anos)
Roma Editar o valor em Wikidata
Cuestor
Pretor
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , Historiador da Antiga Roma , gramático , annalist (en) Traducir , filósofo , poeta , teórico da música , militar da Roma antiga Editar o valor em Wikidata
Período de tempoRepública Romana Editar o valor em Wikidata
ProfesoresLucius Aelius Stilo Praeconinus (en) Traducir, Tyrannion of Amisus (en) Traducir e Antíoco de Ascalón Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaTerentii Varrones (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeFundania
Paisvalor descoñecido Editar o valor em Wikidata  e valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
43 a. C.proscrición Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Lugartenente de Pompeio durante a guerra civil en -49, chegou a ser pretor. Obtido o perdón de Xulio César, foi nomeado por este director das primeiras bibliotecas públicas de Roma. Á morte de Xulio César, confiscáronlle os seus bens por orde de Marco Antonio, que o declarou fóra da lei, pero finalmente Octavio restituíullos. Abandonou entón por completo a carreira militar para dedicarse ao saber e á escritura.

Foi membro da gran burguesía conservadora. Foi un importante político, militar e literato. Destacou pola súa cultura e as súas obras literarias sobre a agricultura.

Obra

 
Edición de De re rustica, conservada na Biblioteca Medicea Laurenziana

Amigo de Cicerón e discípulo de Lucio Elio Estilón está considerado un dos máis grandes anticuaristas romanos e escribiu, segundo as diferentes tradicións, entre 490 e 620 obras das que se coñecen os títulos de 55, aínda que só se conserva unha completa, De re rustica (Das cousas do campo) composta de tres libros e publicada en -37. Á parte de De lingua latina do resto só se conservan citas fragmentarias.[2][1].

Un aspecto destacábel da obra é a anticipación da microbioloxía e a epidemioloxía. Varrón advertiu aos seus contemporáneos que evitasen os pantanos e as marismas, xa que en ditas áreas "hai una raza de certas criaturas diminutas que non se poden ver polos ollos, pero que flotan no aire e entran ao corpo pola boca e o nariz e causan enfermidades graves"[2].

De lingua latina

Desta obra consérvanse parcialmente 6 dos 25 volumes que a compuñan orixinalmente.[2]

-Controversia entre anomalistas e analoxistas.

-Ensaio amplo do latín: etimoloxía, morfoloxía e sintaxe.

-Significado das palabras. A súa construción.

Paira Varrón, o home creou as palabras porque se atopa accións ou obxectos cotiáns que requiren que lles poña un nome. A partir destas palabras primitivas, vanse creando outras palabras posteriores (Varrón está a explicar, en definitiva, como se crea una lingua). Desde un punto de vista actual, esta idea si que ten algo de fundamentación en relación coa adquisición da linguaxe.

-A Varrón débese a primeira distinción entre formación por flexión (morfoloxía flexiva) e formación por derivación (morfoloxía derivativa).

  • Variación das palabras pola súa propia natureza. Variación obrigatoria, por exemplo, os morfemas de xénero e número. (Flexión).
  • A variación por derivación non é obrigatoria. Ex: Casiña. Se non existe o morfema –iña, segue existindo a palabra casa.

-Clasificación das partes da oración segundo o criterio do caso e o tempo:

  1. PARTICIPIO (ten caso e tempo).
  2. VERBO (non ten caso pero si tempo).
  3. NOME (nesta categoría incluíase tamén o adxectivo, ten caso pero non tempo).
  4. ADVERBIO (non ten caso nin tempo).

Listaxe de obras

Completas

  • De lingua latina, libri XXV [Sobre a lingua latina, en 25 libros (consérvanse 6)]: referencia para os gramáticos latinos
  • Rerum rusticarum libri III (Tópicos de Agricultura en tres libros): dirixidos á súa esposa Fundania: a arte do agricultor, as mandas, a economía rural

Perdidas

  • Saturarum Menippearum libri CL (Sátiras Menipeas en 150 libros): sátiras imitadas do filósofo cínico Menipeo de Sínope.
  • Antiquitatum rerum humanarum et divinarum libri XLI: algunhas partes das Antigüidades serviron de referencia aos Pais da Igrexa cristiá en temas de relixión romana pagá.
  • Logistoricon libri LXXVI.
  • Hebdomades vel de imaginibus.
  • Disciplinarum libri IX.

Véxase tamén

Notas

  1. Varrón, Marco Terencio. De las cosas del campo (2ª ed.). Universidad Nacional Autónoma de México. ISBN 968-36-1701-8. 
  2. Marcus Terencio Varrón, Biografía, Calendarios, Obras

Bibliografía

  • Varrón, Marco Terencio. La lengua latina. Obra completa. Madrid: Gredos. ISBN 978-84-249-1895-8. , Marco Terencio (1998). Obra completa. Madrid: Gredos.  
  1. Libros V-VI. ISBN 978-84-249-1896-5.   
  2. Libros VII-X y fragmentos. ISBN 978-84-249-1899-6.   
  • Varrón, Marco Terencio. De las cosas del campo (De re rustica) (2ª ed.). Universidad Nacional Autónoma de México. ISBN 968-36-1701-8. , Marco Terencio (1992). Das cousas do campo (De re rustica). ed. de Domingo Tirado Benedí (2ª edición). México, D. F.: Universidade Nacional Autónoma de México.   
Sobre Marco Terencio Varrón

Véxase tamén Ligazóns extrenas