Valentín Arias: Diferenzas entre revisións

escritor, tradutor e ensaísta galego
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''Valentín Arias López''', nado na Vilerma, Maside (Sarria) o 22 de abril de 1934, é un escritor, tradutor e ensaíst..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 13 de marzo de 2011 ás 19:11

Valentín Arias López, nado na Vilerma, Maside (Sarria) o 22 de abril de 1934, é un escritor, tradutor e ensaísta galego.

Traxectoria

Diplomado en Maxisterio, exerceu como mestre e director da Escola Primaria de Orientación Agrícola da Granxa de Barreiros (1955-1965). Dirixiu explotacións de froiteiras en Chantada e Outeiro de Rei (1965-1968) e participou no movemento agrícola cooperativista de Lugo organizando unha Cooperativa Escolar de Producións Hortícolas (1968-1969). Dende 1969 e ata a súa xubilación en 1994, exerceu a docencia na Escola de EXB de Sárdoma en Vigo. Traballou na Fundación Penzol (1970-1975) e foi xerente da editorial Galaxia (1975-1978). Colaborou en El Progreso e Grial.

Obras

  • A lingua galega na escola, 1970.
  • Lecturas galegas, 1972.
  • A escola rural en Galicia, 1975.
  • Lois e Sabela, 1983.
  • Catro nenos, 1984.
  • En galego sen erros, 1991.
  • Prontuario ortográfico de galego, 1993.

Traducións

Véxase tamén

Ligazóns externas