George Lucas: Diferenzas entre revisións

produtor de cinema estadounidense
Contido eliminado Contido engadido
Traducido do castelán
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 14 de maio de 2006 ás 01:42

George Walton Lucas, Jr. (nado o 14 de maio de 1944 en Modesto, California) é o creador do existoso fenómeno fílmico de "Star Wars" e posteriormente de Indiana Jones, presidente de Lucasfilm Ltd., LucasARts Entertainment Company, e Lucas Digital Ltd, Lucas Licensing, LucasBooks e Lucas Learning Ltd.

Lucas dirixiu a súa primera obra cinematográfica THX 1138, en 1970. O filme foi producido por American Zoetrope e contou con Fracis Ford Coppola como productor executivo. O filme estaba baseado nunha cortometraxe do propio Lucas gañador de numerosos premios a nivel estatal. En 1971 Lucas forma a súa propia compañía, Lucasfil Ltd, en San Rafael, California.

En 1973 Lucas dirixiu American Graffiti, un filme sobre autos e xóves. O filme gañou o Globo de Ouro, o New York Film Critics e o premio da National Society of Film Critics. Obtivo tamén 5 nominacións aos Oscars.

Catro anos despois, Lucas escribiu e dirixiu "A Guerra das Galaxias" (posteriormente rebautizada como Episodio IV: Unha nova esperanza), un filme que bateu tódolos record de venta de entradas e gañou sete Oscars da academia. Lucas iniciou a historia de "O imprerio contraataca" (Episodio V) e "O retorno de Jedi" (Episodio VI), das cales tamén foi productor executivo. En 1980 escribiu e produciu "En busca da Arca Perdida", dirixida por Steven Spielberg, obtendo 5 premios da academia. Tamén foi co-producto e creador da historia de "Indiana Jones e o Templo Maldito", estreada en 1984, nominada a 2 premios da Academia e obtendo un Oscar por efectos especiais.

O ultimo proxecto de Lucasfilm foi rematar a nova triloxía de "A Guerra das Galaxias". "A ameaza fantasma" (Episodio I), da nova triloxía, foi escrita, dirixida e producida por George Lucas e saiu ao público o 19 de maio de 1999. En maio de 2002 estreouse a segunda parte, "O ataque dos clons" (Episodio II), temén dirixida e producida por el. O capítulo final da nova triloxía, "A venganza dos Sith" (Episodio III), que abre as portas á triloxía clásica, estreouse o 19 de maio de 2005, quedando a saga finalizada.

Filmografía

George Lucas en persona apareceu na súa derradeira película, A venganza dos Sith, interpretando a un personaxe extra chamado Baron Papanoida.