Benvido á 'galipedia', Iván Agremon
Tipado en ADA
editar- Agremon Ola de novo, Iván. Supoño que fuches ti o da páxina ADA, por eso, que significa 'tipado'?
Ola Agremon. Sinto ter tardado tanto en responder a esta mensaxe. O certo e que prentedía dar unha definición precisa do que se soe entender por (mala tradución) "Tipado forte". Esta expresión (supoño que inexistente en galego) é unha traducción ó pé da letra de "Strongly Typed". Dise que Ada é "fortemente tipado" por non admitiren conversións non explícitas entre distintos tipos. Evita así moitos problemas que só poderían ser detectados posteriormente cunha minuciosa depuración. En Ada toda conversión entre distintos tipos debe ser explícita e, aínda así, non sempre será válida. En C, por exemplo, pode facerse unha asinación dunha cadea a un enteiro, e en Ada non se pode nin forzándoo cun "casting", nin nada. ADA Define una sintaxe para definir tipos de datos bastante potente: enteiros, enumerados, rangos de outros tipos, subtipos, punteiros, rexistros (records, similares a structs en C), arrays de tamaño fixo ou ilimitado,... Esta variedade de tipos permite que se poidan facer cousas como
subtype Positivos is Natural range 1..Natural'Last
E logo só permitirá traballar con Positivos onde se pida un positivo, evitando ter que comprobar que os tipos cumpren as esixencias dalgunhas operacións.
Respecto ó uso da palabra tipado, non coñezo ningún equivalente en galego e, como na maior parte dos casos, hai que botar man dunha traducción directa do inglés, moitas veces incorrecta. Gustaríame que en Galiza se inventasen palabras novas para as inexistentes (e non que se tomasen con poucos ou ningún cambio da, habitualmente, inglesa).
Xente que non sabe escribir
editarIsto foi o que dixo 200.93.150.155
me imagino que como vienes de la wikipedia espàñola tu andaba envidioso de que a traves de la galiopewdia los colombianos habian dejado reflejada la verdadera verdad de nuestro pais , y te propusisites eliminar todo los que nosotros los colombianos habiamosd escrito parz< imponer la verdad que uds en la eçwuiki española quieren hacer ver sobre nuestro pais
me parece muy mla que muestren a colombia como un pais sin regiones geograficas natuirales y quew lo muestren como una nacion fragmentada como hasta ahora su texto pretende mostrarlo, que pesar ehhhhhhh si llamas defecto a la verdad, me imagino que cuando te regañaba tu mama la mandastes despicotar por defectuosa.
Isto é o que penso que quería dicir na miña lingua:
"Imaxino que como ves da wikipedia española andabas envexoso de que a través da Galipedia os colombianos deixaran reflexada a verdadeira realidade do noso país, e que che propuxestes eliminar todo o que nós os colombianos escribiramos para impor a verdade que vostedes na wiki española queren facer ver sobre o noso país.
Paréceme moi mal que mostren a Colombia coma un país sen rexións xeográficas naturais e que o mostren coma unha nación fragmentada como ata agora o seu texto pretende mostralo." O resto non o entendo.
Imaxino que como non es galego non sabes o que é a lingua galega nin o idioma galego (e por suposto nos sabes falar nin escribir en galego). Desde logo o que estás a escribir na definición de Colombia (e no meu talk) non está escrito en galego. Eu non teño ningún problema coa realidade ou a verdade sobre Colombia. Na miña opinión se escribes algo na Galipedia unha condición fundamental é que sexa en Galego. Se non podes cumprir esa condición, penso que é mellor que non escribas aquí. Proba entón na wikipedia en Castelán ou noutras wikipedias nas que acepten que escribas no teu idioma. Ademais, penso que deberías coidar un pouco máis a túa redacción. Se falas con educación serás escoitado. Se escribes con boa redacción serás lido. Se necesitas axuda para escribir en galego, solicítaa.
Colombia
editarOla IvanPerez, quen marcou o artigo Colombia como artigo con problemas fun eu, e o usuario que deixou a mensaxe na túa páxina de discusión foi Dmvm. Estamos tratando con el para que mellore no coñecemento do galego e noutras cousas, podes seguir a discusión na súa páxina. Antes Agremon xa tiña falado con el coa identidade Samersoc. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:55, 27 Dec 2004 (UTC)
Pouco máis que engadir ó xa dito por Prevert, Iván. Un saúdo e boas festas.--Agremon 16:21, 27 Dec 2004 (UTC)
Xa son wikipedista :p
editarHei tio, mira xD en Queen. A páxina inglesa dame mil voltas pero algo é algo. Rubi
Nomes de páxinas
editarCorrixín os nomes de dúas páxinas que fixeches: Acceso Directo a Memoria polas convencións de nomes sobre uso de maiúsculas e minúsculas nos títulos e Entrada/Saída por DMA pola barra inclinada no título que crea unha subpáxina. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:45, 31 Dec 2004 (UTC)
- Con respecto ao til como ti digas, pensei que o que querias dicir era precisamente iso, porque sen o til non lle atopo moito sentido gramatical, iso non quere dicir que non o teña na terminoloxía informática. Entón o que a ti che pareza, dimo despois para que borre a páxina que non queiras. Saúdos. --Prevert(talk) 13:05, 31 Dec 2004 (UTC)
Enxeñeiro
editarOla, un saúdo. Efectivamente tanto enxeñería como enxeñaría son válidos, aínda que se lle dá preferencia á segunda forma. O que o non éxiste é enxeneiro, a forma correcta é enxeñeiro.--Rocastelo 19:21, 31 Dec 2004 (UTC)
- Esta mensaxe e para dicirche que o usuario que che deixou os comentarios na túa páxina está bloqueado. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:10, 13 maio 2006 (UTC)
- Ola Ivan, perante nada darche a benvida o proxecto e agardar que te sintas nel coma se fose a túa casa. Pero tamén comunicarche que teñas de ollo as mensaxes que deixas o usuario DGDIC, xa que está calificado coma usuario problemático. Na realidade son varios usuarios pero que non teñen consenso común para dar unha resposta unitaria; namentres algún deles trata de ser formal o resto pode faltalo respeto o demáis. Teñen unhas políticas que na maioría dos casos son sacadas do peto de cada quen polo que as indicacións dos administradores sobor do proxecto son ignoradas completamente. Con isto queroche dicir que non é convincente que esperes unha resposta agradabel por parte desta. Se desexas máis información podeste poñer en contacto cos administradores do proxecto que gustosamente e na medida das posibilidades achegaremosche a maior información posibil. Un saudo. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 21:53, 13 maio 2006 (UTC)
tricerátops... triceratops...
editarA verdade é que non sei. Eu penso que si, porque é unha palabra grave acabada en ps. Agora mismo non se me ocurre nada, pero, se unha palabra é grave e remata en consonante distinta a -n ou -s, leva acento; e o seu plural, que remata tamén en -s, ¿non seguirá acentuándose? Se ves que isto non é así, cambia o artigo. Eu de feito non o cambiei porque non sei cambiar o título dos artigos. Saúdos. --User:Tinsiño 13:18, 14 maio 2006 (UTC)
- Confirmado, tricerátops leva til como levan bíceps, tríceps, etcétera. Saúdos. --User:Tinsiño 14:05, 14 maio 2006 (UTC)
Ola IvanPerez, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:48, 15 setembro 2006 (UTC)
20.000 artigos
editarOla IvanPerez. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.
Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.
Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:43, 6 decembro 2006 (UTC)
Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Imaxe:Vitruvian.jpg, localizouse a orixe da imaxe en Commons (Commons:Image:Da Vinci Vitruve Luc Viatour.jpg), sendo a orixe unha imaxe idéntica ou de mellor calidade.
Posto que as imaxes de Commons poden empregarse na Wikipedia galega sen previamente teren que ser subidas, a imaxe Imaxe:Vitruvian.jpg foi borrada. En caso de que dita imaxe non sexa idéntica á de Commons (unha tradución, por exemplo), póñase en contacto co usuario que envía a mensaxe para que a imaxe sexa restaurada. .
Grazas pola súa colaboración. Non dubide en contactar comigo se ten algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo
--Lmbuga Commons - Galipedia 19:53, 31 decembro 2007 (UTC)
- Grazas por contribuíres cargando imaxes. A imaxe Imaxe:Mexillons.jpg, foi marcada para borrar por carecer de licenza e orixe. De non lles engadires eses datos poden ser borradas. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 21:12, 27 marzo 2008 (UTC)
Círculo
editarBoas, o artigo Círculo, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de marzo de 2020 ás 09:20 (UTC)
Damas
editarBoas, o artigo Damas, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 17 de novembro de 2024 ás 10:22 (UTC)