Borja Verea
político galego do PPdG
Borja Verea Fraiz, nado en Santiago de Compostela en 1980, é un funcionario e político galego do PPdG, deputado no Parlamento de Galicia pola Circunscrición electoral da Coruña.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1980 (43/44 anos) Santiago de Compostela, España |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
2020 – | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Deusto Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | funcionario, político |
Traxectoria
É licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto, máster en Administración Local pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Dereito pola USC. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi de número 11 da lista do Partido Popular pola Circunscrición electoral da Coruña,[1] obtendo acta de deputado autonómico.