Borja Verea

político galego do PPdG

Borja Verea Fraiz, nado en Santiago de Compostela en 1980, é un funcionario e político galego do PPdG, presidente do Partido Popular de Santiago de Compostela e deputado no Parlamento de Galicia pola circunscrición electoral da Coruña.

Borja Verea
Nacemento1980
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Deusto e Universidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónfuncionario e político
editar datos en Wikidata ]
Papeleta das eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.

Traxectoria editar

É licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto, máster en Administración Local pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Dereito pola USC. É funcionario da escala de Interventores de Habilitación Estatal pertence tamén ao Corpo Superior da Xunta de Galicia.

Comezou a súa carreira de funcionario como secretario do Concello do Saviñao. No ano 2009 é nomeado Subdirector Xeral de Réxime Xurídico Local na Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. No ano 2011 é designado Secretario Xeral Técnico da Consellería de Economía e Industria. No ano 2015, a consellería asume as competencias de Emprego, pasando a denominarse Consellería de Economía, Emprego e Industria sendo o titular da Secretaría Xeral Técnica ata a súa elección como deputado autonómico no ano 2020.

Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi de número 11 da lista do Partido Popular pola Circunscrición electoral da Coruña,[1] obtendo acta de deputado autonómico.

Desde maio de 2022 é o presidente do PP de Santiago de Compostela[2] tras gañar as primarias co 98.9% dos votos. O seu partido escolleuno para encabezar a súa candidatura nas eleccións municipais de 2023 en Santiago de Compostela.[3]

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixido deputado pola Coruña.[4]

Notas editar

  1. "Resolución do 15 de xuño de 2020 pola que se fan públicas as candidaturas proclamadas…" Diario Oficial de Galicia n.º 117, do 16/6/2020.
  2. "Borja Verea elixido como novo presidente do PP de Santiago co 98'9% dos votos". Galicia Confidencial. 14 de maio de 2022. 
  3. "Borja Verea asegura querer gobernar “levando a Santiago ao século XXI”". El Correo Gallego. 15 de decembro de 2022. 
  4. Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar