Ricardo Courtier
músico e compositor galego
Ricardo Courtier, nado na Coruña o 10 de marzo de 1865 e finado en Ourense o 10 de decembro de 1922, foi un músico e compositor galego.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de marzo de 1865 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 10 de decembro de 1922 ![]() Ourense, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | músico , compositor ![]() |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega ![]() |
![]() |
Traxectoria
Ricardo foi fillo de José Courtier, primeiro violín da Catedral de Santiago de Compostela e profesor da Escola de Música da capital galega, que tivo por discípulo a Pablo Sarasate. Estudou a carreira de piano no Conservatorio de Madrid. Foi director da banda de música da Pobra de Trives e director da Banda de Música Municipal de Ourense.
Obras
- Flor de cardo, zarzuela, estreada no Teatro Eslava de Madrid o 25 de maio de 1904.[1]
- "Rosicler", valse.
- "Hechizo", valse.
- "El club", pasodobre.
- "Os noitébregos", pasodobre.
- "De pándiga", pasodobre.
- "Evita", pasodobre.
- "El garrotín de Viluma", pasodobre.
- "Rosariño", muiñeira.
- "Villoria", muiñeira.
- "Conchiña", muiñeira.
- "Angelines", muiñeira.
Notas
- ↑ Con libreto de Antonio Suárez de Puga. Editouse na imprente S. Velasco de Madrid.
Véxase tamén
Bibliografía
- "Courtier, Ricardo". Diccionario enciclopédico galego universal 1. La Voz de Galicia. 2003-2004. pp. 295–296. ISBN 84-7680-429-6.
- Vilanova Rodríguez, Alberto (2005). "Courtier, Ricardo". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
Ligazóns externas
- []