Galeuzca (revista)

revista
Revisión feita o 31 de xullo de 2015 ás 22:02 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (Nova páxina: "{{Outros homónimos|Galeusca (homónimos)}} miniatura|N.º 4, 1945. '''Galeuzca''' é unha publicación en lingua castelá que foi editada en Bue...")
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Galeuzca é unha publicación en lingua castelá que foi editada en Buenos Aires de agosto de 1945 a xullo de 1946, sumando un total de doce números.

N.º 4, 1945.

Historia e características

Levou o subtítulo de Galiza-Euzkadi-Catalunya. Revista mensual e colaboraron nela, entre outros, Alfonso Rodríguez Castelao, Antón Alonso Ríos, José Núñez Búa, Manuel Portela Valladares, Rodolfo Prada, Nicolau D’Olwer, Francisco Elías de Tejada, Manuel de la Sota Arbuto, Pere Mas Perera, Manuel Serrat Moret, Carlos de Baraibar, Francisco de Basterrechea, A. de Sousa Gomes, Joaquín Xirau, Jesús María de Leizaola Sánchez e Ildefonso Gurrutxaga.

En 1997 foi reeditada nun volume, en formato facsimilar, por Leopoldo Zugaza e Alejandro Finisterre.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas