Abrir o menú principal

Galeuzca (revista)

revista

N.º 4, 1945.

Galeuzca foi unha publicación do exilio, en lingua castelá, editada en Buenos Aires de agosto de 1945 a xullo de 1946, sumando un total de doce números.[1]

Historia e característicasEditar

Levou o subtítulo de "Galiza-Euzkadi-Catalunya. Revista mensual" e nela colaboraron destacados intelectuais e políticos exiliados do réxime franquista residentes en diversas partes do mundo, como a propia Arxentina, México, Londres, París, Nova York ou Chile. Entre eles estaban: Alfonso Rodríguez Castelao, Antón Alonso Ríos, José Núñez Búa, Manuel Portela Valladares, Rodolfo Prada, Nicolau D’Olwer, Francisco Elías de Tejada, Manuel de la Sota Arbuto, Pere Mas Perera, Manuel Serrat Moret, Carlos de Baraibar, Francisco de Basterrechea, A. de Sousa Gomes, Joaquín Xirau, Jesús María de Leizaola Sánchez e Ildefonso Gurrutxaga.[2]

No derradeiro número publicouse a intención de proseguir a edición dende Francia con motivo do desprazamento alí de moitos colaboradores,[3] cousa que nunca chegou a suceder.

ReediciónsEditar

En 1976 Xesús Alonso Montero publicou unha antoloxía en Akal, Madrid, e ao ano seguinte foi reeditada completa en Durango, Biscaia, por Leopoldo Zugaza e Alejandro Finisterre, nun só volume, en formato facsimilar.[4]

NotasEditar

  1. "Galeuzca" en Diccionario enciclopédico galego universal, t. 29, p. 116.
  2. "Galeuzca" (pp. 207-208) en: Vilavedra, D. (coord.): Diccionario da literatura galega II (Publicacións periódicas), Galaxia, 1997, ISBN 84-8288-137-X.
  3. Entre eles Castelao, nomeado ministro da república no exilio
  4. Xesús Alonso Montero: "Galeuzca" en Gran enciclopedia galega Silverio Cañada.

Véxase taménEditar