Luis Avilés
cineasta galego
Luis Avilés Baquero, nado en Bogotá, Colombia, en 1969 e veciño de Noia,[1] é un cineasta galego.
Traxectoria
Estudou dirección no Centre d'Estudis Cinematografics de Catalunya e ten traballado na realización de anuncios publicitarios e vídeos musicais, así coma na produción de series para a televisión.[2]
Filmografía
- A Subela,[3] curta, 22', con Xosé Manuel Olveira "Pico", María Bouzas, Xabier Deive e Xosé Manuel Esperante (2002).[4]
- Retornos, con Xavier Estévez, Manuela Vellés, Xosé Manuel Olveira "Pico", Luis Zahera, Emilio Gutiérrez Caba e María Bouzas, (2010).[5]
Vida persoal
É fillo do escritor galego Avilés de Taramancos (1935-1992).
Notas
- ↑ "Luis Avilés supera la primera prueba con «Retornos»..." La Voz de Galicia, 29/10/2010.
- ↑ O soportal do audiovisual galego Consello da Cultura Galega.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Subela.
- ↑ A Subela en Vimeo.
- ↑ "Luis Avilés estrena su primera película en el Festival de Montreal" El País, 29/8/2010.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Luis Avilés na IMDb (en inglés).