Agustín Pérez Bellas
Modelo:Pintor Agustín Pérez Bellas, nado en 1925 en Vigo e finado en 1982 foi un arquitecto, debuxante, pintor e escritor galego.
Traxectoria
Graduouse en Arquitectura en Madrid no ano 1954 e en 1955 fixo a primeira mostra de debuxos na súa cidade. Logo o faría en Madrid, Milán, Santiago de Compostela, Barcelona, Moscova, Lisboa, París, Roma e Suramérica.
Casou en 1959 coa pintora Mercedes Ruibal Argibay e foi amigo de Rafael Alberti, Urbano Lugrís e Laxeiro. Ocasionalmente fixo crítica de arte en La Voz de Galicia.
As súa ideoloxía de esquerdas produciulle algúns problemas no franquismo.[1]
Hai exposta obra súa no Museo Quiñones de León e no Museo de Belas Artes da Coruña[2] e o seu concello adicoulle o nome dunha rúa.[3]
Postumamente, en 1996, Edicións do Castro publicoulle Mi silueta felina libro de poemas e relatos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Pablos; A pintura en Galicia | La pintura en Galicia (edición bilingüe), páx. 204, Nigra Trea, 2003, ISBN 84-95364-15-8.
- Colmeiro, Ilarri, Pablos, Pousa e Quesada, Plástica Gallega, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981, ISBN 84-7231-603-3.
- Vázquez Xil, Lalo; As rúas de Vigo, páx. 108 da 2ª ed. (1994), Ediciones Cardeñoso, Vigo, 1991, ISBN 84-87379-47-8.
- Exposición homenaje a Agustín Pérez Bellas, Casa Galega da Cultura, Concello de Vigo, 1983.
Ligazóns externas
- Resolución, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se incoa expediente para a inclusión no Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia de diversas obras pictóricas...
- Pérez Bellas na Colección Novacaixagalicia.
- Pérez Bellas en Galegos.info