Berta de Borgoña

Berta de Borgoña nada no 964 e finada no ano 1010 no Castelo Valperga. Foi unha princesa de Borgoña e Raíña consorte de Francia (997-1003).

Infotaula de personaBerta de Borgoña

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento964 Editar o valor em Wikidata
valor descoñecido Editar o valor em Wikidata
Morte1010 (>16 de xaneiro de 1010) Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloCondesa
Raíña consorte de Francia Editar o valor em Wikidata
FamiliaRodolphiens Editar o valor em Wikidata
CónxuxeRoberto II de Francia (996 (Gregoriano)–999), repudio
Odón I de Blois (983 (Gregoriano)–995), morte do cónxuxe Editar o valor em Wikidata
FillosTeobaldo II de Blois
 () Odón I de Blois
Odón II de Blois
 () Odón I de Blois
Agnes de Blois
 () Odón I de Blois Editar o valor em Wikidata
PaisConrado III de Borgoña Editar o valor em Wikidata  e Matilde de Francia Editar o valor em Wikidata
IrmánsRodolfo III de Borgoña, Xisela de Borgoña, Xerberga of Borgoña e Burchard II de Lión Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Bourgogne-22

Orixes familiares editar

Bera foi filla do conde palatino Conrado I de Borgoña e da súa dona Matilde de Francia. Era neta por liña paterna do conde palatino Rodolfo II de Borgoña e Berta de Suabia, e por liña materna do rei Lois IV de Francia e Xerberga de Saxonia.

Nupcias e descendentes editar

Casou, en primeiras nupcias, co conde Eudes I de Blois. Deste matrimonio naceron:

No 997 casou co rei Roberto II de Francia, quen repudiou a súa primeira esposa Susana de Italia.

Excomuñón de Roberto II editar

 
A excomuñón de Roberto II.

Roberto II namorouse de Berta tan só vela e converteuna na súa amante. No ano 995, tras a morte de Eudes I de Blois, Roberto II quixo casar con ela, mais a oposición de Hugo Capeto, quen invocaba o gran grao de parentesco entre os dous namorados, provocou que non puidesen casar ata a morte deste.

Por aquel matrimonio o Papa Gregorio V excomungou ao rei francés. Vindo a esterilidade da súa nova esposa (en 999 Berta dera a luz a un fillo morto, quedando ao parecer incapacitada para concibir de novo), e sendo un gran crente e devoto da Igrexa católica, repudiou a Berta e casou de novo con Constanza de Arles para asegurara descendencia.

O Papa Silvestre II anulou o matrimonio de Berta e Roberto II, o que permitiu levantar a excomuñón que pesaba sobre o rei francés.

Unha vez asegurada a sucesión, Roberto II e Berta de Borgoña intentaron conseguir a anulación do novo matrimonio do rei francés, para manter a súa relación amorosa, mais non o conseguiron.

No exilio, Berta casou co rei de Italia Arduino de Ivrea, co que tivo tres fillos.

Véxase tamén editar

Predecesor:
Susana de Italia
Raíña consorte de Francia
996-1000
Sucesor:
Constanza de Arlés