Rodolfo II de Borgoña

Rodolfo II de Borgoña[1], nado en 880 e finado en 937, foi rei de Borgoña Transxurana (912 -937), rei da Borgoña Cisxurana con Provenza (934 -937) e rei de Italia (922 - 926).

Rodolfo II de Borgoña
Rudolph Burgundy.jpg
Nacementoc. 888, c. 880, c. anos 880xuliano e 880
Falecemento11 de xullo de 937, xullo de 937 e 937
SoterradoAbadia de São Maurício
Ocupaciónpolítico e monarca
PaiRodolfo I da Borgonha
NaiGuilla da Provença
CónxuxeBerta da Suábia
FillosAdelaide da Itália, Conrado I da Borgonha, Burchard I of Lyon e Heinrich I. von Lausanne
IrmánsWilla of Burgundy e Waldrada of Burgundy
Na rede
WikiTree: Bourgogne-57
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Era fillo de Rodolfo I de Borgoña e membro da Antiga Casa de Welf. Casou con Berta de Suabia chamada A Fiadeira e tiveron dous fillos:

  • Conrado III "o Pacífico" .
  • Adelaida de Borgoña, casada con Lotario de Arles, rei de Italia (944-950), e despois da súa morte co emperador Otón I.
  • Sucedeu a seu pai, Rodolfo I (falecido o 25 de outubro de 911 ) como rei de Borgoña Transxurana sendo coroado en 912. En 922, fixo un pacto con Henrique I de Alemaña que lle deu territorios en Suabia a cambio da Santa Lanza que despois sería unha das insignias imperiais[2]. O mesmo ano foi chamado por algúns nobres italianos para intervir en Italia contra Berengario de Friúl (Berengario I de Italia). Foi a Italia e foi coroado en Pavía. En 923 derrotou a Berengario en Piacenza e ao ano seguinte Berengario foi asasinado (924), morte que se sospeitaba de fora encargada por Rodolfo. Desde entón o rei residía alternativamente en Italia e na Borgoña Transxurana.

En 925, a nobreza italiana volveuse contra el e chamou a Hugo de Arles, conde de Arles e rexente da Borgoña Cisxurana con Provenza (onde era rei Luís III o cego). En 926 este presentouse en Italia, desembarcando en Pisa e marchando a Pavía, onde foi coroado. Hugo fixo un acordo con Rodolfo e este retirouse a Borgoña, deixándolle o camiño libre. En 933, os nobres italianos pediron de novo a Rodolfo que fose a Italia para ser coroado. Hugo de Arles, que no 928 á morte de Luís, ignorara os dereitos do seu fillo, Carlos Constantino, ao que só deixara o condado de Viena, que seguramente pasou ao reino de Francia (arredor do 930), e chegara ao trono., renunciou ao resto de Borgoña Cisxurana (Lion) e Provenza en favor de Rodolfo II a cambio da renuncia deste ao reino de Italia. En 934 Rodolfo reunira os dous reinos, e o novo estado que xurdiu foi chamado reino das Dúas Borgoñas e despois do 937 (xa baixo o seu fillo e sucesor) como reino de Arles (pola capital).

Morreu en 937 e sucedeuno o seu fillo Conrado, Conrado III de Borgoña o Pacífico.

NotasEditar

  1. Xenealoxía en Medieval Lands
  2. Francis Rapp, Le Saint Empire romain germanique, colección «Points Histoire», Lonrai, 2003, pàg. 47.