Pierre Loti

escritor francés

Louis Marie Julien Viaud, nado en Rochefort (Charente Marítimo) o 14 de xaneiro de 1850 e finado en Hendaye o 10 de xuño de 1923, foi un militar e escritor francés, máis coñecido como Pierre Loti.

Infotaula de personaPierre Loti

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Louis Marie Julien Viaud Editar o valor em Wikidata
14 de xaneiro de 1850 Editar o valor em Wikidata
Rochefort, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte10 de xuño de 1923 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Hendaia, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMaison des aïeules de Pierre Loti (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
14º Cadeira 13 da Academia Francesa (pt) Traducir
21 de maio de 1891 – 10 de xuño de 1923
← Octave FeuilletAlbert Besnard (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónLycée Henri-IV
École Navale (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , autor de diarios , xornalista , escritor de viaxes , ensaísta , oficial da armada , novelista , fotógrafo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1875 Editar o valor em Wikidata - 1923 Editar o valor em Wikidata
EmpregadorLe Figaro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioPierre Loti Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarcapitaine de vaisseau (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeOkané-San (en) Traducir
Jeanne-Amélie-Blanche Franc de Ferrière (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParellaJuana Josefa Cruz Gainza (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosSamuel Viaud
 () Jeanne-Amélie-Blanche Franc de Ferrière (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiThéodore Viaud Editar o valor em Wikidata
IrmánsGustave Viaud e Marie Bon Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0521464 IBDB: 8176
Dialnet: 308966 IMSLP: Category:Loti,_Pierre Find a Grave: 17711966 Editar o valor em Wikidata
Edición de 1900 co nome Julien Viaud e o alcume Pierre Loti.

Traxectoria editar

Julien Viaud foi o terceiro neno dunha familia de protestantes de Rochefort. Durante o verán 1863 escríbelle ao seu irmán Gustave, médico da mariña, a súa determinación de ser oficial na mariña. En outubro de 1867, entra na escola naval de Brest.

Ao final do ano 1869, a bordo do Jean-Bart, descobre Alxer e América do Sur. En 1870, ano do falecemento do seu pai, embarca sobre unha corveta da mariña, o Decrès e participa na guerra contra Alemaña. Serve igualmente sobre o Vaudreuil para unha campaña en América do Sur.

Ao final do ano 1871, embarca en Valparaíso sobre o buque insignia o Flora cara a Tahití. Descobre a illa de Pascua, cando o Flora fai escala, e desembarca en Tahití. A raíña Pomaré dálle o alcume de Loti, do nome dunha flor tropical. A obriga de reserva polo feito da súa calidade de oficial da mariña, non lle permite coller o nome nise momento, agarda o ano 1876 para collelo como nome de pluma. Durante a súa estanza, escribe Le Mariage de Loti. Esta obra constitúe o libreto da ópera de xuventude de Reynaldo Hahn (1874/1947) baixo o título de L'Île du rêve creado en 1898 á Opéra-Comique en París.

Pierre Loti, gran parte da súa obra é autobiográfica, inspirouse das súas viaxes de mariño para escribir as súas novelas, por exemplo a Tahití para Le Mariage de Loti (Rarahu) (1882), a Senegal para Le Roman d’un spahi (1881) ou ao Xapón para a Madame Chrysanthème (1887). Gardou toda a súa vida unha atracción considerable por Turquía, onde o fascinaba a atención que se dá a sensualidade, en particular á sensualidade feminina: ilústrao sobre todo en Aziyadé (1879), e na súa continuación Fantôme d’Orient (1892). Explotou igualmente o exotismo rexional nalgunhas das súas obras máis coñecidas, como o da Bretaña en Mon frère Yves (1883) ou Pêcheur d'Islande (1886), e do País Vasco en Ramuntcho (1897).

Foi enterrado na illa de Oléron despois de funerais nacionais. A súa casa en Rochefort a día de hoxe é un museo.

Obra editar

  • Aziyadé (1879)
  • Rarahu (1880)
  • Le Roman d'un spahi (1881)
  • Le Mariage de Loti (Rarahu). Fleurs d'ennui. Pasquala Ivanovitch (1882)
  • Trois journées de guerre en Annam (1883)
  • Mon frère Yves[1] (1883)
  • Les Trois Dames de la Kasbah (1884)
  • Pescador de Islandia (Pêcheur d'Islande, 1886), traducido por Xavier Senín, Hugin e Munin
  • Madame Chrysanthème, Propos d'exil (1887)
  • Japoneries d'automne (1889)
  • Au Maroc, Le Roman d'un enfant (1890)
  • Le Livre de la pitié et de la mort (1891)
  • Fantôme d’Orient, continución de Aziyadé (1892)
  • L'Exilée, Le Matelot (1893)
  • Le Désert. Jérusalem, La Galilée (1894)
  • Ramuntcho, Figures et choses qui passaient (1897)
  • Judith Renaudin (1898)
  • Reflets de la sombre route (1899)
  • Les Derniers Jours de Pékin (1902)
  • L'Inde sans les Anglais (1903)
  • Vers Ispahan (1904)
  • O rei Lear, tradución ao francés da obra de William Shakespeare canda a Émile Vedel (1904)
  • La Troisième Jeunesse de Madame Prune (1905)
  • Les Désenchantées (1906)
  • Vies de deux chattes (1907)
  • La Mort de Philæ (1909)
  • Le Château de la Belle au Bois dormant (1910)
  • Un Pèlerin d'Angkor (1912)
  • La Turquie agonisante (1913)
  • La Hyène enragée (1916)
  • Quelques aspects du vertige mondial (1917)
  • L'Horreur allemande, Les Massacres d'Arménie (1918)
  • La Mort de notre chère France en Orient (1920)
  • Suprêmes visions d'Orient (1921)
  • Un jeune officier pauvre (1923)
  • Lettres à Juliette Adam (1924)
  • Journal intime, 1878-1881 (1925, primeiroa parte)
  • Journal intime, 1882-1885 (1929, segunda parte)
  • Correspondance inédite 1865-1904 (1929)
  • Un pèlerin d'Angkor (1930) Ilustracións de F. de Marliave e Henri Cyral

Notas editar

  1. A acción desenvólvese en Bretaña