Abrir o menú principal
Mapa de intensidade Mercalli da zona de San Francisco en 1906.

A Escala de Mercalli é unha escala de 12 puntos feita para avaliar a intensidade dos terremotos a través dos efectos e danos causados a distintas estruturas. Foi creada polo vulcanólogo italiano Giuseppe Mercalli en 1883 e revisada en 1902.

Índice

Graos de intensidadeEditar

Grao IEditar

Sacudida sentida por moi poucas persoas en condicións especialmente favorables.

Grao IIEditar

Sacudida sentida só por poucas persoas en repouso, especialmente nos pisos altos dos edificios. Os obxectos suspendidos poden oscilar.

Grao IIIEditar

Sacudida sentida claramente nos interiores, especialmente nos pisos altos dos edificios, moitas persoas non o asocian cun tremor. Os vehículos de motor estacionados poden moverse lixeiramente. Vibración como a orixinada polo paso dun vehículo pesado.

Grao IVEditar

Sacudida sentida durante o día por moitas persoas nos interiores, por poucas no exterior. Pola noite algunhas espertan. Vibración de vaixelas, vidros de fiestras e portas; os muros renxen. Sensación como dun vehículo pesado chocando contra un edificio, os vehículos de motor estacionados balancéanse claramente.

Grao VEditar

Sacudida sentida case por todo o mundo; moitos espertan. Algunhas pezas de louza, vidros de fiestras etcétera, rompen; poucos casos de fendas nas placas; caen obxectos inestables. Obsérvanse perturbacións nas árbores, postes e outros obxectos altos. Detéñense os reloxos de péndulo.

Grao VIEditar

Sacudida sentida por todo mundo; moitas persoas asustadas foxen cara a fóra. Algúns mobles pesados cambian de sitio; poucos exemplos de caída de placas ou dano en chemineas. Danos lixeiros.

Grao VIIEditar

Advertido por todos. A xente foxe ao exterior. Danos sen importancia en edificios de bo deseño e construción. Danos lixeiros en estruturas ordinarias ben construídas; danos considerables nas débiles ou mal planeadas; rotura dalgunhas chemineas. Percibido polas persoas que conducen vehículos en movemento.

Grao VIIIEditar

Danos lixeiros en estruturas de deseño especialmente bo; considerable en edificios ordinarios con derrube parcial; grande en estruturas debilmente construídas. Os muros saen das súas armaduras. Caída de chemineas, pilas de produtos nos almacéns das fábricas, columnas, monumentos e muros. Os mobles pesados envórcanse. Area e lodo proxectados en pequenas cantidades. Cambio no nivel da auga dos pozos. Perda de control na persoas que guían vehículos motorizados.

Grao IXEditar

Dano considerable nas estruturas de deseño bo; as armaduras das estruturas ben planeadas esborrállanse; grandes danos nos edificios sólidos, con derrube parcial. Os edificios saen dos seus cimentos. Aparecen fendas no terreo. As tuberías subterráneas rómpense.

Grao XEditar

Destrución dalgunhas estruturas de madeira ben construídas; a maior parte das estruturas de cachotería e armaduras destrúense ata os cimentos; fendas considerables do terreo. As vías do ferrocarril tórcense. Considerables deslizamentos nas marxes dos ríos e en pendentes fortes. Invasión da auga dos ríos sobre as súas marxes.

Grao XIEditar

Case ningunha estrutura de cachotería queda en pé. Pontes destruídas. Amplas fendas no terreo. As tuberías subterráneas quedan fóra de servizo. Afundimentos e derrubes en terreo suave. Gran torsión de vías férreas.

Grao XIIEditar

Destrución total. Ondas visibles sobre o terreo. Perturbacións das cotas de nivel (ríos, lagos e mares). Obxectos lanzados ao aire cara arriba.