Jacopo Bellini

pintor italiano

Jacopo Bellini, nado en Venecia en 1396 e finado en 1470, foi un pintor italiano. Pai de Gentile e Giovanni Bellini. A súa obra, ó igual que a de Antonio Vivarini representa a fin do estilo gótico internacional, nos anos 30 do Quattrocento e o inicio do Renacemento en Venecia.

Infotaula de personaJacopo Bellini

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1400 Editar o valor em Wikidata
Venecia Editar o valor em Wikidata
Morte1470 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Venecia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública de Venecia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Venecia (1428 (Gregoriano)–1466 (Gregoriano))
Florencia
Ferrara
Verona
Padua Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor , debuxante Editar o valor em Wikidata
MovementoRenacemento Editar o valor em Wikidata
ProfesoresGentile da Fabriano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosGiovanni Bellini e Gentile Bellini (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FamiliaBellini family (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosGentile Bellini (pt) Traducir, Nicolosia Bellini (en) Traducir, Giovanni Bellini Editar o valor em Wikidata
ParentesAndrea Mantegna (xenro) Editar o valor em Wikidata
Virxe co neno adorado por Leonello, ca. 1450, Louvre.

Traxectoria editar

Bellini foi discípulo de Gentile da Fabriano. En 1411-1412 estivo en Foligno como axudante de Gentile para traballar no ciclo de frescos do Palazzo Trinci. En 1423 viaxou ata Florencia, onde se puxo en contacto coa obra de Brunelleschi, Donatello e Masaccio. En 1424 abriu o seu propio obradoiro en Venecia, que dirixirá ata a súa morte.

Aproximadamente de 1430 é a Virxe co neno na Accademia Carrara, atribuída no pasado a Gentile da Fabriano, a táboa é o elemento central dun complexo dispersos. A escena representa o neno Xesús xogando cun paporroibo, símbolo da súa futura morte. En 1436 está en Verona para realizar a Crucifixión para o Duomo, hoxe perdida. De 1440 é a "Virxe da Humildade", realizada en Ferrara mentres estaba ó servizo de Leonello d'Este, á quen tamén retratou aínda que non se conserva ese retrato.

A influencia de Masolino da Panicale anovou a pintura de Bellini, na Virxe co neno da Pinacoteca de Brera, datada en 1448, por vez primeira a perspectiva está presente e nas figuras acentrúase a monumentalidade. Tamén na Virxe co neno dos Uffizi, do 1450 e na Virxe co neno da Galleria dell'Accademia di Belle Arti Tadini de Lovere.

En Venecia traballou nas igrexas de San Giovanni Evangelista en 1452 e na de San Marco en 1466, obras ámbalas dúas perdidas. De 1455, aproximadamente é a Virxe co neno beicendo da Gallerie dell'Accademia en Venecia. De 1465 é a Virxe co neno do LACMA dos Ánxeles. Da última fase son a Crucifixión do Museo de Verona, obra construída cunha rigorosa perspectiva e a Anunciación en Sant'Alessandro en Brescia.

 
Virxe co neno, 1465, LACMA.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar