Mafalda de Portugal

Mafalda de Portugal nada o 11 de xaneiro de 1197 e finada o 1 de maio de 1256, foi unha infanta de Portugal e raíña consorte de Castela.

Infotaula de personaMafalda de Portugal

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(pt) Mafalda Sanches de Portugal Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xaneiro de 1197 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte1 de maio de 1256 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Arouca Editar o valor em Wikidata
Consorte real da Coroa de Castela
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Portugal Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonxa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde do Císter Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa2 de maio Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPríncipe
Raiña de Castilla
Princesa Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Borgoña Editar o valor em Wikidata
CónxuxeHenrique I de Castela (1215 (Gregoriano)–) Editar o valor em Wikidata
PaisSancho I de Portugal Editar o valor em Wikidata  e Doce de Aragón Editar o valor em Wikidata
IrmánsTareixa de Portugal, Branca de Portugal (pt) Traducir, Sancha de Portugal (pt) Traducir, Berengária de Portugal, rainha da Dinamarca (pt) Traducir, Fernando de Portugal (pt) Traducir, Afonso II de Portugal, Pedro de Portugal (pt) Traducir, Constança de Portugal I (pt) Traducir, Raimundo de Portugal (pt) Traducir, Pedro Moniz (pt) Traducir, Rodrigo Sanches de Portugal (pt) Traducir, Gil Sanchez, Teresa Sanches de Portugal (pt) Traducir, Martim Sanches de Portugal (pt) Traducir, Urraca Sanches de Portugal (pt) Traducir e Constança Sanches de Portugal (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Portugal-6

Traxectoria editar

Filla de Sancho I de Portugal o Poblador e da súa muller, Doce de Barcelona.[1] En 1215 contraeu matrimonio con Henrique I de Castela pero a mocidade de ambos fixo que o matrimonio non se chegase a consumar. Ao ano seguinte, o matrimonio foi declarado nulo polo Papa Inocencio III por parentesco en grado prohibido.[1]

Á morte do seu pai, Mafalda, segundo as disposicións do testamento, tiña que recibir o castelo de Seia e a porción restante do termo municipal así como todas as rendas que aí se producían. Ademais, concedíaselle o dereito a utilizar o título de raíña.

Isto xerou un conflito co seu irmán Afonso II de Portugal que, desexando un poder centralizado, obstaculizou que a súa irmá puidese recibir os títulos e dereitos que lle correspondían. Afonso temía que algo parecido puidese suceder cos seus outras dúas irmás, Tareixa e Sancha, e cos eventuais herdeiros destas, creando un problema de soberanía que podía chegar a dividir o país.

Unha boa parte dos nobres portugueses puxéronse de parte de Mafalda e as súas irmás, pero terminaron derrotados. Á morte de Afonso II, o seu fillo Sancho II concedeu ás súas tías algunhas terras e castelos, pero fíxolles renunciar ao título de princesa-raíña. A paz definitiva chegou en 1223.

Vida relixiosa editar

Finalmente, tanto Mafalda como as súas irmás fixéronse monxas cistercienses. Mafalda fundou a Abadía de Arouca. O 1 de maio de 1256 faleceu no mosteiro de río Tinto. Ao querer trasladar o seu corpo ata Arouca atopárono incorrupto, o que xerou unha forte devoción cara á infanta portuguesa.

O 27 de xuño de 1793 foi beatificada polo Papa Pío VI, acompañando así ás súas irmás Tareixa e Sancha, declaradas beatas desde principios do século XVIII. A súa festividade celébrase o 2 de maio.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fernandes Marques, Maria Alegria (2008). Estudos sobre a Ordem de Cister em Portugal (en portugués). Coímbra: Estudos da Faculdade de Letras da Universidade de Coimbra. ISBN 972-772-019-6. 
  • Rodrigues Oliveira, Ana (2010). Rainhas medievais de Portugal. Dezassete mulheres, duas dinastias, quatro séculos de História (en portugués). Lisboa: A esfera dos livros. ISBN 978-989-626-261-7. 
Predecesor:
Leonor Plantagenet
Raíña consorte de Castela
12151216
Sucesor:
Beatriz de Suabia