Constanza da Bretaña

duques da Bretaña e condesa de Richmond

Constanza de Penthièvre (en bretón: Konstanza Penture, ou Konstanza Breizh), nada c. 1161 e finada o 5 de setembro de 1201, foi duquesa hereditaria da Bretaña entre 1166 e 1201, e a condesa hereditaria de Richmond entre 1171 e 1201. Constanza era a filla de Conan IV, duque da Bretaña e conde de Richmond, e da súa esposa Margarida de Huntingdon, condesa de Herford, irmá dos reis Malcolm IV e Guillerme I de Escocia.

Constanza da Bretaña
Duquesa da Bretaña

Reinado11661201
Nacementocirca 1161
Falecemento5 de setembro de 1201
Nantes
SepulturaAbadía de Villeneuve, Nantes
PredecesorConan IV da Bretaña
SucesorArtur I da Bretaña
Cónxuxe/sGodofredo II (m. 1181; dec. 1186)
Ranulfo de Blondeville (m. 1188; ann. 1198)
Guido de Thouars (m. 1199)
DescendenciaLeonor da Bretaña
Matilde da Bretaña
Artur I da Bretaña
Alix de Thouars
Catarina de Thouars
ProxenitoresConan IV da Bretaña
Margarida de Huntingdon

Escudo de Constanza da Bretaña
Na rede
WikiTree: Penthièvre-9

Traxectoria editar

O pai de Constanza, Conan IV, reunira o Ducado da Bretaña en guerras con Henrique II de Inglaterra. Despois das guerras con Henrique II, Conan IV enfrontou rebelións dalgúns nobres bretóns. Fixo unha chamada de axuda a Henrique II para sufocar as rebelións. En 1166, como parte do seu acordo con Henrique II, en troques da axuda do rei, Conan IV prometera á súa filla e única herdeira, para casar con Godofredo Plantagenet, o cuarto fillo lexítimo de Henrique II de Inglaterra e Leonor de Aquitania, e abdicou no seu favor. Henrique II tomou baixo a súa custodia á nena, e administrou a Bretaña ata que o seu fillo Godofredo tivese a suficiente idade para gobernar o ducado.

En 1181, con vinte anos de idade, Constanza foi obrigada a contraer matrimonio con Godofredo Plantagenet. En 1186, Godofredo foi pisado até a morte nun accidente de equitación durante un torneo en París. Constanza, a partir de entón converteuse na gobernante titular da Bretaña, aínda que tivo que soportar as inxerencias inglesas na Bretaña.

Porén, o 3 de febreiro de 1189, Henrique II de Inglaterra arranxou que Constanza casase con Ranulfo de Blondeville, 6° conde de Chester, un dos máis poderosos condes de Inglaterra. En 1191 o rei Ricardo I de Inglaterra proclamou oficialmente ó seu sobriño, Artur da Bretaña, o fillo de Constanza, como o seu herdeiro nun tratado asinado con Filipe II de Francia.

Para promover a posición e a herdanza do seu fillo Artur, Constanza incluíuno no goberno do ducado en 1196. O matrimonio de Constanza con Ranulfo deteriorouse, cando Ranulfo encarcerou a Constanza no mesmo ano. Con Constanza prisioneira, varias rebelións foron provocadas na Bretaña no seu nome. Ranulfo cedeu á crecente presión e tivo que liberar a duquesa en 1198. De regreso na Bretaña, Constanza tiña o seu matrimonio anulado.

Máis tarde, en 1199 en Angers, Constanza tomou a Guido de Thouars como o seu seguinte esposo.

Entre 1199 e o momento da súa morte, no parto das súas fillas xemelgas, Constanza aconsellou ó seu fillo cara a unha alianza con Francia, seguindo a política do seu defunto esposo Godofredo II.