Alcuíno de York

erudito, monxe e poeta medieval inglés

Flaccus Albinus Alcuin, nado circa 735 e finado en 804, ou Alcuíno de York, foi un monxe inglés e conselleiro de Carlomagno. Dedicouse durante moito tempo ao ensino e á escrita na escola de York, en Inglaterra, foi o principal conselleiro de Carlomagno en asuntos eclesiásticos e educativos e durante os últimos anos da súa vida foi abade do mosteiro de San Martiño de Tours.

Infotaula de personaAlcuíno de York

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ang) Ealhwine
(ang) Alhwin
(la) Alcuinus
(la) Albinus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 740 Editar o valor em Wikidata
York Editar o valor em Wikidata
Morte19 de maio de 804 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Tours Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAbbaye de Marmoutier (en) Traducir 47°23′35″N 0°40′58″L / 47.393061, 0.682781 Editar o valor em Wikidata
Abade Abbaye de Marmoutier (en) Traducir
796 – 19 de maio de 804 – Fridugisus (en) Traducir →
Abbot of Flavigny Abbey (en) Traducir
796 – 803 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Northumbria Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónSt Peter's School (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónteólogo , escritor , sacerdote , poeta , filósofo Editar o valor em Wikidata
ProfesoresEgberto de York (pt) Traducir e Etelberto de York (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosHaimo de Halberstadt (pt) Traducir e Hilduin de Saint-Denis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLatín medieval, inglés antigo e lingua latina Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa20 de maio Editar o valor em Wikidata
PatrocinadorCarlomagno Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Musicbrainz: ff72ce32-9229-4099-ac28-5d18056b5082 Discogs: 5836850 Find a Grave: 28587329 Editar o valor em Wikidata
Alcuíno de York (no centro)

Traxectoria editar

Recibiu a súa educación na escola catedralicia de York co seu mestre Ethelberto de York, a quen acompañou a Roma na procura de manuscritos. Cando Ethelberto foi designado arcebispo de York, en 766, Alcuíno ocupou o seu lugar á cabeza da escola episcopal. Volveu outra volta a Roma en 780 para recoller o palio do arcebispo Eanbaldo I de York e en Parma coñeceu a Carlomagno, quen o convenceu para que o acompañase á súa corte e o puxo á fronte das abadías de Ferrieres e Saint-Loup, en Troyes.

Entre 782 e 790, Alcuíno tutelou ao rei dos francos, a súa familia, os xoves que foran enviados á corte para seren educados e os clérigos novos vinculados coa capela do palacio. Fundou así o Palacio-escola (Aula Palatina) de Aix-la-Chapelle, no cal se ensinaban as sete artes liberais: o trivium (gramática, lóxica e retórica) e o quadrivium (aritmética, xeometría, astronomía, e música). En 790, Alcuin retornou a Inglaterra, pero volveu ao lado de Carlomagno cando este lle pediu axuda na loita contra a herexía adopcionista, que se estendía entón polo norte da Península Ibérica. No Concilio de Francfurt, en 794, Alcuíno defendeu a ortodoxia e obtivo a condena do herexe Félix de Urgell. Volveu para a súa terra, pero abandonouna definitivamente debido aos disturbios que se estaban a producir e que conduciron á morte do rei Aethelred.

Alcuíno pasou os seus últimos anos na abadía de San Martiño de Tours. Converteu a escola abacial nun modelo de excelencia e a ela acudiron moitos estudantes. Mandou copiar numerosos manuscritos e transmitiulles aos francos o coñecemento da cultura latina que se conservara nas Illas Británicas.

Alcuíno escribiu moitas cartas, sobre todo a Arno, bispo de Salzburgo e a Carlomagno. Consérvanse 311, que mostran as súas meditacións pías, fornecen abondosa información sobre as condicións literarias e sociais da época e constitúen a autoridade máis fiábel para a historia do humanismo na época carolinxia. Cultivou tamén a poesía: epístilos no estilo de Fortunato, poemas longos e unha historia en verso da igrexa de York, Versus de patribus, regibus et sanctis Eboracensis ecclesiae. Débenselle tamén manuais educativos: unha gramática e obras de retórica e dialéctica escritas en forma de diálogo (nas dúas últimas entre Carlomagno e o propio Alcuíno). Escribiu así mesmo varios tratados teolóxicos, como De fide Trinitates, comentarios sobre a Biblia etc.

Obras editar

  • De grammatica.
  • De orthographia.
  • De dialectica.
  • De animae ratione.
  • De trinitate.
  • Diálogo sobre a retórica e as virtudes.
  • De Villis. (?).

Festa editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar