Teudis, finado no ano 548, foi un rei visigodo de Hispania cuxo mandato se estendeu do ano 531 ao 548. Amais, foi o antigo comandante de Teodorico o Grande. Accedeu ao poder tras a morte de Amalarico. Trasladou a capital visigoda de Narbona a Barcelona.

Infotaula de personaTeudis

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento470 Editar o valor em Wikidata
Mortexuño de 548 Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Sevilla Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Rei dos visigodos
531 – 548
← AmalaricoTeudiselo → Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloRei dos visigodos Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

En 541 tivo que enfrontarse aos francos, ao mando de Clotario e Childeberto, que penetraron por Pamplona ata Zaragoza, a cal cercaron durante corenta e nove días. Tras defendela conseguiu derrotalos e facelos fuxir por onde entraron, onde ademais o seu xeneral Teudiselo lles provocou grandes baixas. Pola contra, en 542 non conseguiu defender Ceuta (ocupada en 533) dos Bizantinos, que os atacaron por terra e mar.

En 546 ditou unha lei en Toledo sobre costas procesuais, que ordenou incorporar nunha sección correspondente ao Código Teodosiano, recollida polo Breviario de Alarico, que demostraría a aplicación deste último texto na Hispania visigoda.

En 548 morre asasinado no seu palacio barcelonés por un godo que simulou estar tolo. Outras versións, sitúan o seu asasinato no seu palacio de Sevilla, e realizado por un soldado da garda, implicado nunha conxura nobiliaria, finxíndose tolo.


Predecesor:
Amalarico
 Rei dos visigodos 
531-548
Sucesor:
Teudiselo

Véxase tamén editar

Outros artigos editar