Teudiselo
Teudiselo[1], tamén coñecido como Teudixiselo ou Teudisclo, finado no ano 549, foi un rei visigodo de Hispania, que reinou entre 548 e 549.
Teudiselo | |
---|---|
Nacemento | 500 |
Falecemento | decembro de 549 |
Lugar de falecemento | Spalis |
Nacionalidade | Reino visigodo de Toledo |
Ocupación | monarca |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Antigo duque e xeneral de orixe ostrogodo baixo o mando do seu predecesor Teudis. Forzou aos invasores francos a retirarse da Península Ibérica na invasión de 541 (dirixida por Childeberto I e Clotario I), cortándolles o paso no camiño de Valcarlos. Tras matar a un bo número deles, aceptou un suborno dos restantes para tras a derrota poder regresar á súa terra.
Morreu asasinado en Sevilla, durante un banquete con hispanorromanos, un ano logo de acceder ao poder. O seu asasinato segundo algunhas versións parece ser obra de varios maridos ultraxados, con cuxas esposas o rei mantivera relacións. Outras manifestan que, aproveitando a súa ebriedade, foi probablemente asasinado por unha conxura de nobres visigodos nacionalistas dirixidos por Akhila I e desexosos de gobernarse por eles mesmos e non por ostrogodos.
Predecesor: Teudis |
Rei dos visigodos 548-549 |
Sucesor: Akhila I |
NotasEditar
- ↑ "Teudiselo". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2034.