Vitixes (morto en 540) foi un xeneral do exército ostrogodo e rei dos ostrogodos do 536 ao 540.

Vitixes
Nacementoanos 470xuliano
Lugar de nacementoConstantinopla
Falecemento542 e 541
Lugar de falecementoConstantinopla
NacionalidadeReino ostrogodo
Relixiónarianismo
Ocupaciónmonarca
CónxuxeMatasunta
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Era o xeneral de Teodato e foi nomeado rei polos seus soldados[1] no curso das guerras contra o Imperio Bizantino, a Guerra gótica de Italia (535-554),[2] tras o asasinato de Teodato, sobriño de Teodorico o Grande. Para lexitima-la súa posición como rei, no 536, marchou a Rávena e repudiou a súa muller para casar con Matasunta, a única filla de Amalasunta, e así unirse á liñaxe dos Amalos.[3]

No 535, o exército de Xustiniano I conquistara Sicilia ao mando do xeneral bizantino Belisario, que naquel momento estaba no sur de Italia. Vitixes reorganizou o exército e no 537 asediou Roma, facendo cortar todos os acuedutos que levaban auga á cidade. En marzo de 538 foi obrigado a interromper o asedio para retomar as operacións militares no norte de Italia, onde o xeneral Xoán estaba aproximándose rapidamente a Rávena.

No 540 Belisario atacou a capital dos ostrogodos. Vitixes foi feito prisioneiro e levado xunto coa súa esposa a Constantinopla, onde morreu sen herdeiros.[4] Logo da súa morte, Matasunta casou con Xermano, un curmán do Emperador.

Predecesor:
Teodato
Rei dos ostrogodos
536540
Sucesor:
Hildibaldo

Notas editar

  1. Le Beau (1827), p. 470
  2. Sirago (1999), p. 11
  3. Le Beau (1827), p. 471
  4. Chastagnol (1996)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Chastagnol, André (1996). La fin du monde antique (en francés). París: Nouvelles Editions Latines. ISBN 9782723305266. 
  • Le Beau, Charles (1827). Histoire du Bas-Empire (en francés) VIII. París: Imprimerie de Firmin Didot. 
  • Sirago, Vito Antonio (1999). Amalasunta: la regina. Colección Donne d'Oriente e d'Occidente (en italiano). Milán: Jaca Book. ISBN 88-16-43509-7.